www.xadrezourense.com |
|
|
||||||||
www.xadrezourense.com |
NOTICIAS E
ACTUALIDADE CURSO DE XADREZ 2022 – 2023 /
(Táboa de grupos e horarios)
Clases de ajedrez en Ourense , clases de xadrez en
Ourense, clases de ajedrez ourense, clases xadrez ouresne, clases ajedrez
ouresne, clubs de ajedrez Ourense, clubs ajedrez ourense, clubs xadrez
Ourense, clubs xadrez Ourense, clases ajedrez en ourense |
|
||||||||
*** INFORMACIÓN COMPLETA CURSO
22-23 Información e contacto 655 996 806
- 675 08 09 20 Garantía de profesionalidade ¡ Exixe que as túas clases, as dos teus fillos, as da túa
ANPA ou Centro de ensino as
imparta un profesional titulado no ensino do xadrez ! Ver técnicos e titulacións
2022 Escola
de Xadrez Ourense, (mapa) Ver información Clases Xadrez Colexios **
Clases
de xadrez en Ourense Profesores de
ajedrez Ourense Escola xadrez Orense
E scuela de Ajedrez
*** INFORMACIÓN COMPLETA CURSO
22-23 Información e contacto 655 996 806
- 675 08 09 20 Garantía de profesionalidade ¡ Exixe que as túas clases, as dos teus fillos, as da túa
ANPA ou Centro de ensino as
imparta un profesional titulado no ensino do xadrez ! Ver técnicos e titulacións
2022 Escola
de Xadrez Ourense, (mapa) Ver información Clases Xadrez Colexios **
|
Os Sub18 e Sub10 de Club Xadrez Ourense aproban con nota
en Salobreña (Granada) Laura Gómez, Marcos Vázquez, Adrián Velasco, Xacobe
Conde, Iván Dopazo e Daniel Manrique aprobaron con nota no nacional de idades
2022 A localidade granadina de Salobreña
acolleu un ano máis os campionatos nacionais das distintas categorías previas
á absoluta, dende sub8 (prebenxamín) ata sub18 (alevín), cunha gran
participación ourenssana, en especial dos deportistas de Club Xadrez Ourense.
Os xuvenís puxeron o peche o pasado 7
de agosto aos campionatos nacionais por categorías, que dan ao nacional
individual absoluto que arranca en Linares o día 11, no que tomarán parte ata
6 xadrecistas do Club Xadrez Ourense, entre eles o bicampión nacional senior
nas pasadas edicións de 2013 e 2017, Iván Salgado. Respecto ao nacional sub18, hai que
destacar a positiva actuación, entre outros, de Iván Dopazo na modalidade nacional
rápida individual, na que Iván rematou cun soberbio Score de “+50”, empatando
ao posto 50ª de entre 169 participantes. Nesta modalidade rápida hai que
mencionar tamén as actuacións de Xacobe Conde (73º con 5 puntos), Marcos
Vázquez (83º con 4,5 puntos), Adrián Velasco (124º) e Laura Gómez, (134ª cun
score de “+27”). No tocante á modalidade de xadrez
clásico, Xacobe Conde rematou empatado no posto 58 con 5 puntos, mentres que
Marcos Vázquez, tamén con 5 puntos, acadou un excelente “+38”. Pola súa banda,
Velasco, Dopazo e Laura Gómez (que rematou con “+30”)
finalizaron respectivamente nos postos 140, 152 e 176 de entre os máis de 200
participantes. Noutras categorías disputadas con
anterioridade e en referencia ao papel dos xuvenís ourensáns, cabe destacar o
posto 126 do xadrecista da Universidade de Ourense Rodrigo Arias, na
categoría sub16 disputado a finais de xullo, mentres que Pura Diéguez (do
Benchoshey Club ), e aínda na categoría sub14,
rematou respectivamente nos postos 114 e 102 en rápidas e clásicas,
respectivamente. Mención especial merece o gran
protagonismo ourensán na categoría sub10, na que participaron os ourensáns
Daniel Manrique, Rodrigo Cid, Laura Diéguez e Clara Montero. Na categoría de
xadrez clásico, o máis destacado, con 5 puntos, foi Daniel Manrique (Club
Xadrez Ourense), aínda sub-9, que rematou empatado no posto 45 entre os 153
participantes. Pola súa banda, Rodrigo Cid (Do Xadrez Benchoshey de Pereiro
de Aguiar), con 4 puntos, cara ao centro da táboa. Pero a boa nova para o xadrez base
ourensán foi o excepcional 12º posto sub-10 de Daniel Manrique (en
representación do 6º sub-9 en España) na modalidade rápida, na que logrou
subir o seu ránking internacional ata 40 puntos. Modalidade, esta de rápidos,
na que participaron ata 139 participantes de todas as
comunidades autónomas e na que Manrique realizou un soberbio sprint final,
gañando as 3 últimas roldas ante rivais de maior elo, o que o levou ao 9º
posto compartido sub 10. e ao 6º entre os sub-9. Un total de 21 participacións ourensás
nas nacionais de idades, ás que se suman outras tantas en categoría sénior (7
en cada unha das 3 modalidades: clásica, rápida e blitz), sumando un total de
42 participacións ourensás nos nacionais de Salobreña e Linares, destacando
as nada menos que 28 participacións de Club Deportivo Xadrez Ourense, que
volve a situarse como entidade galega de referencia nestes campionatos de
España individuais de 2022. Ver clasificación Cto.
España Sub18 rápido Ver clasificación Cto. España Sub18
clásico Ver clasificación Cto. España
Sub10 rápido Ver clasificación Cto. España
Sub10 clásico La Voz de Galicia, 13 de Xullo La
Voz de Galicia, dixital, 12 de Xullo Faro
de Vigo dixital, 12 de Xullo Alba Pérez, Xulio del
Prado e Yudania Hernández, coa selección Galega en Cantabria Xulio
del Prado, Yudania Hernández e Alba Pérez, compañeiros de club en Isla
(Cantabria) O Nacional de Seleccións Autonómicas
Sub-16 tivo lugar entre o 23 e o 26 de Xuño en Isla, (Cantabria), nunha
competición que reuniu ás 17 comunidades autónomas que desprazan a terras
cántabras ao mellor dos seus xadrecistas en idade cadete. Club Xadrez Ourense, foi parte
importante da selección, xa que dous dos catro xadrecistas titulares que
nutriron a selección galega cadete son compañeiros do Club Xadrez Ourense: a
xoven Alba Pérez Salgado (2007) e o xa Mestre da FIDE Xulio del Prado
Rodríguez (2007). Ambos sumaron un excelente rendemento, acadando as
porcentaxes individuais máis altas para Galicia, cun 75% e 66% dos puntos en
liza, respectivamente. Galicia rematou na 6ª posición,
posición discreta polos méritos amosados polos cadetes galegos,
que aínda que lograron cómodas vitorias ante Murcia ou Navarra, caeron pola
mínima ante Castela e León ou Cataluña. Se a isto lle sumamos o meritorio
empate (2-2) ante o Madrid e a vitoria na última xornada ante os motivados
anfitrións de Cantabria por un axustado 1,5 a 2,5, suman 7 puntos para o noso
equipo. O resto da embaixada ourensá
completouno a adestradora Yudania Hernández, (tamén do Club Xadrez Ourense),
quen non puido desempeñar mellor o seu papel técnico xa que dirixiu con éxito
ao outro equipo da nosa terra, un moi novo equipo galego infantil que rematou
campión da competición por diante dos favoritos Madrid e Cataluña, (prata e
bronce, respectivamente), a pesar de comezar co número 4 da clasificación
inicial. Cadena
Ser, 28 de xuño, dixital Faro
de Vigo, 24 de xuño, dixital A XIII Copa Maristas
convertiuse no torneo escolar máis grande de Galicia post-pandemia O sábado 4 de xuño tivo lugar no
pavillón polideportivo do Centro Maristas de Ourense a XIII edición da Copa
Maristas Galicia de Xadrez Escolar na que se deron cita cerca de 200 xóvenes
participantes, no que se convertiu no torneo de xadrez escolar máis grande de
Galicia disputado ata o momento tras a pandemia, con maior participación
incluso que outras bonitas e importantes iniciativas recentes coma os torneos
disputados xa post-pandemia en Vilagarcía, A Guarda ou Silleda, que tamén
superaron con creces os 100 participantes escolares. Club Maristas Ourense e Club Xadrez
Ourense organizaron un evento que contou co patrocinio do Consello Municipal
de Deportes, Secretaría Xeral para o Deporte – Xefatura de Servizo de Ourense
e APAMAR. Este evento, que xa foi o máis
participativo de España en 2013 e 2014, “resucita” tras a pandemia cunha
edición de transición para edicións futuras nas que a organización ten
vontade de volver a reunir aos 350 xóvenes que fixeron desta cita deportiva a
máis grande do panorama nacional. En categoría sub18 resultou vencedor
Óscar Fernández do xadrez Mos de Pontevedra, en categoría sub14 o ouro foi
para Mateo Dibuja do Liceo Recreo, Joel Cid Barrio (Xadrez Ourense) foi o
gañador en sub12, Rodrigo Cid do Benchoshey conquistou a categoría sub10,
mentres que Pablo Orgeira (Xadrez Ourense) foi o gañador na categoría sub8. A organización dispuxo
trofeos-recordatorio para todos os participantes, 50 premios especiais aos
mellor clasificados de cada categoría e numerosos sorteos de regalos entre os
que destacaron bicicletas, televisores ou tablets dixitais, entre outros. Por clubs, o máis galardonado no
medalleiro foi Club Deportivo Xadrez Ourense con 8 metais, seguido do
Benchoshey de Pereiro de Aguiar con 3 metais, Ramiro Sabel de Ponteareas con
2, e Mos-Pontevedra e Liceo Recreo con 1 metal, respectivamente. A xoven deportista Alba Pérez Salgado
de Club Xadrez Ourense que cursa estudos no centro Maristas foi recoñecida
por a súa convocatoria coa Selección Galega que viaxará a Cantabria o
vindeiro día 22 ao nacional por autonomías. Ver vistas panorámicas evento -
Ver galería de pódiums dos gañadores
La Región, 7 de xuño (portada) Faro
de Vigo, 2 de xuño (dixital) Club Xadrez Ourense, acariciou o “doblete” autonómico por
equipos na tempada 2022 Club Deportivo Xadrez Ourense
"A", segue a colleitar éxitos nesta campaña 2022. Fai un mes que se
proclamba campión da Liga Autonómica de División de Honra, superando no
play-off final ao Sanxenxo
"Inter-rías". Nesta ocasión, o domingo día 22 de Maio,
proclamouse en Padrón subcampeón da COPA XUNTA DE GALICIA de clubs, nunha
forte competición á que acudiron 34 escuadras do panorama
autonómico, únicamente superados por un inspirado Xadrez Rianxo que foi o
vencedor, e por diante de fortes escuadras coma o Xadrez Pontevedra ou o propio Sanxenxo
"Inter-rías". Tamén hai que salientar o posto 13º do
Benchoshey de Pereiro de Aguiar (recentemente ascendido á división de Honra
autonómica), así como o 18º lugar do Universitario de Ourense "A", entre os 34 equipos
participantes. Un día antes, o sábado 21 de Maio,
tivo lugar a Copa Galicia de Clubs en categoría cadete, que citou ata 14 escuadras
participantes. O máis salientable foi o papel do Xadrez Ourense Cadete, con 8 puntos, que malia
rematar empatado ao 3º posto, xunto con outros 5 equipos, por caprichos do
sistema de desempate rematou no 7º posto. A destacar o importante papel do Xadrez Ourense promesas, que
alineando maioritariamente deportistas alevíns e benxamíns, logrou un
meritorio 11º posto con 6 puntos. Pola súa banda o Benchoshey Cadete rematou 13º con 2 puntos. Ver clasificación Copa Xunta
de Galicia de equipos Sénior 2022 Ver clasificación Copa Xunta de Galicia de
equipos Cadete 2022 14 deportistas de
Club Xadrez Ourense nos autonómicos de blitz e rápidas Entre os días 7 e 8 de Maio
disputáronse en Padrón os autonómicos individuais de Blitz e rápidas, coa participación
de 14 deportistas do noso Club. Salientar o 4º posto compartido do
M.F. David Gómez Diéguez na modalidade de Blitz e o 8º posto compartido do
M.F. Xulio del Prado na modalidade de rápidas. Ver clasificación Cto. Galego de Blitz
2022 Ver clasificación Cto. Galego de Rápidas
2022. Club Xadrez Ourense “A” campión de Liga Galega de
División de Honra 2022 O sábado 23 de abril tivo
lugar o play-off final da Liga Autonómica de Clubs de Xadrez, unha
competición que reuniu de xaneiro a abril a 208 equipos de 92 clubs e a máis
de 1.000 xadrecistas ao longo de 3 meses. O fermoso recinto do
auditorio de Vilagarcía acolleu a gran final entre o Club Xadrez Ourense A
(campión do grupo sur) que se enfrontou ao potente Sanxenxo Interrías -
Fontecarmoa de Vilagarcía (campión do grupo norte), nun recinto
impecablemente equipado. O encontro foi retransmitido por internet e contou
coa presenza de numeroso público asistente nas bancadas. Ambos equipos xa foron
campións en pasadas edicións da liga autonómica e son os equipos galegos que
xogarán en a primeira división de clubs nacionais o próximo verán. A xornada foi vibrante e
moi igualada, despois de algo máis de 4 horas de intensa batalla nos 6
taboleiros, o Club Xadrez Ourense acadou un triunfo moi traballado tras
lograr un empate 3-3 e vencer aos locais por coeficiente de desempate, (sistema
holandés), logrando así a segunda liga autonómica de honra que gaña o Club
Xadrez Ourense, que xa acadara o seu primeiro título en 2017. Polo que respecta ao resto
de coxuntos ourensáns na división de honra hai que facer mención ao segundo
posto de grupo do Xadrez Verín e o cuarto xeral e ao descenso do Liceo Recreo
tras caer no play-off pola permanencia ente o Círculo Ferrolán. Xa na Primeira División
Galega hai que destacar outra boa nova para o xadrez provincial, xa que o
Benchoshey Club de Pereiro de Aguiar, conseguiu superar ao forte equipo do
Recatelo de Lugo por un apretado 2,5 a 1,5 que deu aos locais. Hai que
destacar que os dous equipos de Xadrez Ourense mantivéronse na categoría para
2023. En Segunda, o Club Xadrez
Ourense “D” foi subcampión de liga, e estivo a piques de arrebatarlle o
ascenso ao Círculo de Chantada, mentres que en terceira división o Xadrez
Ourense “E” non perdoaba e proclamábase campión, logrando o ascenso a segunda
para 2023. VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS LIGA
GALEGA DE XADREZ 2022 La Voz de Galicia, 28 de marzo Voz de Galicia, 22 de febreiro (Faro de Vigo, 28 de abril) https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/04/28/xadrez-ourense-campeon-division-honor-65474385.html (Cadena ser, 25 de abril) https://cadenaser.com/2022/04/25/club-xadrez-ourense-campeon-de-la-liga-gallega-de-division-de-honor/ (Región, 16 marzo) https://www.laregion.es/articulo/mas-deporte/xadrez-ourense-continua-lider-division-honor/202203162255531115495.html (Cadena
Ser, 16 de marzo) https://cadenaser.com/2022/03/16/liga-gallega-de-ajedrez-2022/ (Faro
de Vigo, 23 de marzo) https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/03/23/xadrez-ourense-xadrez-verin-encabezan-64164471.html (Voz
de Galicia, 29 de marzo) https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/verin/2022/03/29/xadrez-ourense-verin-dominan-division-honor-sur/0003_202203O29C5994.htm (Voz
de Galicia, 6 de abril) https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2022/04/06/xadrez-ourense-disputara-titulo-gallego-sanxenxo/0003_202204O6C5992.htm (Faro
de Vigo, 29 de marzo) https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/03/29/xadrez-ourense-xadrez-verin-miden-64397014.html (Región,
5 de abril) https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/xadrez-ourense-gano-derbi-jugara-play-off-titulo/202204052339501120556.html (Cadena
Ser, 5 de abril) https://cadenaser.com/2022/04/05/xadrez-ourense-a-campeon-de-la-division-de-honor-grupo-sur/ (Región,
22 de abril) https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/ourensanos-mucho-juego-final-liga-galega/202204222205021124777.html (Voz
de Galicia, 26 de abril) https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/04/26/xadrez-ourense-titulo-autonomicorosalia-avanza-play-off-tras-ganar-penasco/0003_202204O26C5992.htm (Faro
de Vigo, 23 de abril) https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/04/23/ajedrez-provincial-enfrenta-ultima-jornada-65292273.html Campionato Provincial
Escolar por equipos 2022 O domingo 24 de abril tivo
lugar en Expurense a edición 2022 do campionato provincial escolar por
equipos “XOGADE”, coa presenza de 20 equipos representantes de colexios e clubes
da nosa provincia nun evento organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte
e coa dirección técnica de Club Xadrez Ourense. Máis de 130 mozos e mozas
abarrotaron expourense durante a a xornada dominical do 24 de abril,
repartidos en tres categorías: ESO, (Infantil-Cadete), Alevín e Benxamín. En Categoría
Infantil-Cadete o triunfo foi para o Xadrez Ourense Kaspárov, en Alevín para
o Xadrez Ourense Carlsen mentres que en Benxamín foi o Benchoshey “Cecilia
González” o equipo vencedor. No terreo individual, os
vencedores respectivamente foron Alba Pérez (Xadrez Ourense), Joel Cid
(Xadrez Ourense) e Brais Vázquez (Burgas – Carballiño). Ver Clasificación
Infantil-cadete Ver nota de prensa (La Región 26 de
abril) A
prata sénior de Dávid Gómez o máis salientable dos Ctos. Galegos de Semana
Santa. Club
Xadrez Ourense enviou a un total de 23 deportistas aos autonómicos sénior,
sub16, sub12 e sub10 Durante a Semana Santa
acudiron a padrón un total de 23 deportistas de CLUB XADREZ OURENSE, 14 deles
ás categorías sub10 e sub12 que tiveron lugar entre o 9 e o 11 de abril, e
outros 9 ás categorías sénior e sub16 que se desenvolveron entre o 13 e o 16
de abril. Xunto cos 12 enviados ás categorías sub18 e sub14 o pasado
entroido, suman 35 participacións, ata o momento (á falta dos galegos de
rápidas e blitz) O máis salientable foi a
prata sénior de David Gómez Diéguez, categoría na que tamén hai que salientar
o excelente 7º posto de Martín Gómez Carreño, de entre os 91 participantes. En categoría Sub16 a máis
destaca do club xadrez Ourense foi Alba Pérez Salgado que estivo a piques de
conseguir pódium feminino, rematando no 5º posto finalmente desta categoría. Entre os sub12 o máis
salientable foi Antón Lorenzo, que viaxaba a Padrón coma campión provincial,
e que rematou no posto 23º. Pola súa banda, os xóvenes
ourensáns realizaron unha positiva actuación en sub10, xa que Miguel Fidalgo
e Roi Fernández, remataron 4º e 6º respectivamente, nunha categoría na que
ainda estarán o ano próximo, igual que Daniel Manrique (11º). La Voz de Galicia,
20 de abril La Región, 19 de abril,
contraportada La Voz de Galicia, 15
de febrero Voz De Galicia 4 de abril
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2022/03/04/ajedrez-medalla-bronce-autonomica-sub-18-laura-gomez/0003_202203O4C6991.htm Faro de Vigo 1 de marzo https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/03/01/ajedrecistas-ourensanos-ponen-autonomico-63284665.html Faro de Vigo 4 de marzo https://galego.farodevigo.es/deportes/ourense/2022/03/04/ajedrez-ourensano-inundo-padron-63415443.html Un bronce en sub18, botín da nutrida embaixada ourensana
nos autonómicos Individuais de Padrón Entre os días 26 de Febereiro e 1 de Marzo a localidade de Padrón acolleu os campionatos
galegos individuais das categorías sub18 (xuvenil), sub14 (infantil) e sub8
(prebenxamín), nas que tomaron parte ata 18 xóvenes xadrecistas ourensáns. Malia as importantes baixas por estudos de varios dos mellores
xuveniles do club xadrez Ourense, Xulio del Prado (Mestre Fide), Xacobe Conde, ou
Marcos Vázquez, os deportistas de Xadrez ourense tiveron unha meritoria
actuación. A embaixada ourensana arrancou postos
moi positivos, como foron o bronce individual
feminino sub 18 de Laura Gómez Carreño (Xadrez Ourense), que terá plaza
directa para o nacional de Andalucía no vindeiro verán, tamén hai que
resaltar o 5º posto de Miguel Reza (Universitario de Ourense), dentro dos
sub18. Dentro desta categoría sub18, hai que
destacar tamén o 10º posto (empatado ao 5º), de Iván Dopazo, (Xadrez
Ourense), todavía xuvenil de primeiro ano, e o 4º posto feminino de Alba
Pérez Salgado. Xa dentro da categoría sub14 o máis
salientable foi o 20º posto (empatado ao 15º) de Pura Diéguez (Benchoshey de
Pereiro de Aguiar). Como dato relevante incidir na sorprendente actuación de
Miguel Fidalgo (Xadrez Ourense), xadrecista de 9 anos, que logrou rematar por
diante de ata 20 xadrecistas sub14, no posto 31º dos 51 participantes de
sub14. Xavi Penín, Manolo Penín e Alex Fidalgo (todos eles
do club xadrez Ourense, subiron o seu ránking). No tocante á categoría dos máis
xóvenes, sub8 (prebenxamín), o mellor clasificado foi Nicolás Ibarra
(Benchoshey), que rematou no posto 9º con 5 puntos. Tamén hai que destacar a
actuación de Lucas Díaz, Pablo Orgeira e do debutante Brais Vidal (todos do
xadrez Ourense), todos eles con 4 puntos. Lembrando
especialmente ao xovencísimo Mateo Álvarez, (Xadrez Ourense), que no ano do
seu debut, consquistou 3 puntos. Por entidades, hai que facer mención
novamente ao feito de que, xunto a Xadrez Mos (Pontevedra), e Escola Luguesa,
o Club Xadrez Ourense volveu a ser entidade galega de referencia en cuanto á
participación, aportando un 10% dos xadrecistas dunha proba que reuniu a 120
deportistas dos 92 clubes galegos. Laura
Gómez Carreño, bronce autonómico sub18 feminino 2022 Os Sénior
pechan uns provinciais individuais 2022 de rotundo éxito participativo e co
maior nivel da súa historia O coqueto salón de actos de ABROS –
ANICURA acolleu onte domingo día 13 de febreiro a 31ª edición do campionato
provincial individual sénior. Esta era a última das categorías que restaba
por disputarse. O 29 e 30 de xaneiro, e o 5 de febreiro, xa se disputaran as 6 categorías de idades inferiores, sub8,
sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18. A federación galega de Xadrez, en
colaboración con Club Xadrez Ourense, e tamén coa de Club Benchoshey de Pereiro
de Aguiar, que aportou parte do equipo arbitral, foron os organizadores. O
éxito participativo desta edición dos provinciais 2022 foi rotundo, si temos
en conta que ainda nos atopamos en época de pandemia. 163 participantes totais dos diferentes clubs da provincia, unha cifra que iguala a da
última edición disputada en 2020 (165 deportistas totais), antes da pandemia. Xa dentro da categoría absoluta, hai
que salientar dous detalles importantes, o
primeiro e que se superou con creces a participación de 2020 nestea categoría,
e o segundo que é a primeira vez que nun
campionato provincial individual se dan cita tres Mestres FIDE, otorgándolle
un plus de nivel sin precedentes á máxima proba provincial. O
Mestre FIDE, David Gómez Diéguez, (Club Xadrez Ourense), foi o vencedor final
desta 31ª edición do campionato provincial, alzándose xa co que é o seu 4º
título histórico. O
segundo posto, empatado a puntos co vencedor, foi para Xulio Del Prado, compañeiro de Club do vencedor, tamén Mestre
FIDE, e o bronce final, para o 3º mestre, o xadrecista do Club Xadrez Verín, Luis Marcos Medarde. A galería final de campións
provinciais de 2022, queda composta por Nicolas
Ibarra (Benchoshey) en sub8, Daniel Manrique (Xadrez Ourense) sub10, Antón
Lorenzo (Xadrez Ourense) sub12, Mateo Dibuja (Liceo Recreo), sub14, Xulio del
Prado (Xadrez Ourense) en sub16, Xulio del Prado, (Xadrez Ourense) tamén en
sub18, e David Gómez (Xadrez Ourense) en Senior. Por Clubes destacou a gran
participación de entidades como Xadrez Ourense (99 deportistas) ou de Benchoshey de
Pereiro de Aguiar (46 deportistas). No tocante a pódiums por clubes (5
primeiros de cada categoría), hai que destacar os 20 premios logrados por os
deportistas de Xadrez Ourense, os 8 de Benchoshey de Pereiro de Aguiar, os 4
de Xadrez Verín, os 2 do Liceo Recreo e 1 do Club As Burgas. Medalleiro
final campeonatos provinciais Ourense 2022 Campionatos provinciais por edades “Xunta
de Galicia” 2022 Disputáronse os Campionatos
provinciais individuais por idades da tempada 2022 Os días 29 e 30 de
xaneiro e 5 de febreiro tiveron lugar os campionatos provinciais por idades
da tempada 2022, clasificatorios para os respectivos autonómicos. Neste 2022
reactívase o xadrez presencial a nivel oficial provincial, tras un 2021 no
que o parón foi obrigado e n oque únicaente se disputaron probas oficiais de
ámbito autonómico e nacional. A
Federación Galega de Xadrez, cos protocolos da SXD da Xunta de Galicia e en
colaboración con Club Deportivo Xadrez Ourense, organizaron no Centro Cívico
de A Cuña, estas probas para xóvenes, nas que tomaron parte 129 xadrecistas,
pertencentes á maoiría dos clubes da nosa provincia. No eido participativo hai
que salientar os 78 participantes presentados por Club Xadrez Ourense,
superando o 60% da participación total, destacando tamén a ampla presencia
dos deportistas do Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar, con cerca de corenta
deportistas. Nicolás Ibarra
en sub8 (Benchoshey), Daniel Manrique en sub10 (Xadrez Ourense), Antón
Lorenzo en sub12 (Xadrez Ourense), Mateo Dibuja (Liceo Recreo) en
sub16, e Xulio del Prado (Xadrez Ourense), por partida doble, tanto en
sub16 como en sub18, foron os campións provinciais de 2022. Por
Clubes hai que salientar os 17 podiums e os 4 ouros acadados polos
deportistas do Club Xadrez Ourense, os 8 podiums do Benchoshey, os 2 do Liceo
e do Xadrez Verín respectivmaente e 1 do Club As Burgas. Ver medalleiro campionatos
provinciais por idades 2022 Ver galería de imaxes dos podiums Ver nota de Prensa, La Región 8.2.22
(papel) I Ver nota de Prensa, La Región 8.2.22
(papel) II Ver
nota de Prensa, La Región 8.2.22 (dixital) Ver
nota de Prensa, Faro de Vigo 9.2.22 (dixital) Martín Gómez Carreño
deslumbra no Open Internacional de Mondariz (30.12.21) David Gómez tamén vence
no Memorial P. Rodríguez de Ferrol (9.1.2022) Entre os días 26 e 29
de Decembro tivo lugar en Mondariz-Balneario o Open Internacional clasíco de
nadal no que se deron cita medio centenar de xadrecistas, procedentes de
varias comunidades españolas e tamén de Portugal. O xoven xadrecista do
Club Xadrez Ourense, Martín Gómez
Carreño (Ourense, 2003), conquistou unha soberbia victoria ao lograr 8,5
puntos sobre as 9 partidas en disputa, superando na clasificación final a
importantes xadrecitas galegos como Pampillón ou Bastos, e a fortes xogadores
procedentes de Cataluña ou Portugal como Adria Martorell ou o Mestre FIDE
luso Fernando Ribeiro. Tamén cabe destacar a
actuación da vixente subcampiona Galega Individual sub16, Laura Gómez, que rematou con 5 puntos
e que conseguiu unha subida de elo de 20 puntos. Pola súa parte, David Gómez Diéguez, venceu no Open
“Memorial Pepiño Rodríguez” de Ferrol, o pasado 9 de xaneiro, superando a
Mestres da talla de Luis Medarde ou Diego espiñeira, entre outros. Ver
Clasificación Open Mondariz La
Voz de Galicia, 30 de decembro A Escola de Club
Xadrez Ourense entrega os premios de Outono-Nadal 2021 Os 14 grupos de
adestramento da Escola Xadrez Ourense tiveron as súas respectivas entregas de
premios nos días previos ao nadal. 113 xadrecistas,
entre xóvenes e adultos disputaron durante os meses de novembro e decembro as
súas respectivas ligas de grupo e no último día de adestramentos previo ao
nadal recolleron os seus trofeos. O diario La Región
deu especial cobertura a esta actividade adicándolle doble páxina. Club Xadrez Ourense, devolve aos xóvenes ourensáns os
torneos de xadrez presencial tras 18 meses Tras máis de ano e
medio sen torneos presenciais de xadrez dirixidas á xuventude ourensana,
(desde febreiro de 2020), Sportur, Expourense e Club Xadrez Ourense apostaron
decididamente por reanimar o xadrez presencial para mozos (desde os 6 aos 16
anos de idade). Máis de medio
centenar de xóvenes especialistas do Deporte ciencia, (todos eles federados), reuníronse no
reciento feiral ourensán, cumplindo todas as normativas da Secretaría Xeral
para o Deporte. No eido deportivo hai
que destacar a vitoria na clasificación xeral da xoven Alba Pérez Salgado
(Club Xadrez Ourense), que logrou un pleno no seu casilleiro, con 5 puntos
sobre 5 posibles. Xa por grupos de
idade, en Sub16, o vencedor foi iván Dopazo (Xadrez Ourense), mentres que en
Sub14 a citada xadrecista Alba Pérez (Xadrez Ourense) fíxose co título
infantil. En alevíns o xoven valor do Club Xadrez Ourense Xavi Penín foi o
vencedor mentres que en sub 10 Mateo Martínez fíxose co ouro, ( Club
Benchoshey de Pereiro de Aguiar). Finalmente, xa en sub8, foi o actual
campión de Galicia individual, Daniel Manrique (Club Xadrez Ourense) que se
fixo co título. A organización
repartiu 25 premios especiais (aos 5 primeiros de cada unha das 5 categorías),
ademais de sortear 12 agasallos entre os participantes, varios deles asinados
por Iván Salgado (no momento de celebrarse o torneo estaba coa Selección
Española na Eurocopa de nación, en Eslovenia). Ademais, todos os
participantes recibiron agasallos pola súa participación. Rogelio Fernández,
director de Expourense, (fixo o saque inicial), mentres que o propio Rogelio,
Manuel Pérez (da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta), e Cecilio
Santalices (Concellería de Turismo), ademais dos representantes do club anfitrión, (Club
Xadrez Ourense), estiveron presentes no acto de clausura. Ver clasificación final completa Ver
cadro de honra por categorías Ver
imaxes dos pódiums de gañadores Ver nota de prensa
(La Región 23.11.21) Ver nota de prensa (La
Región 23.11.21 portada interior) Ver nota de
prensa (La Región 23.11.21 portada) Ver nota de prensa (La
Voz de Galicia 22.11.21) A selección Española e Iván Salgado, invictos na Eurocopa de nacións
de Eslovenia Entre os días 11 e 21
de novembro celebrouse en Eslovenia a Eurocopa de nacións de xadrez, coa
participación da Selección Española, en cuxo quinteto titular participou Iván
Salgado. O xefe de filas do Club Xadrez Ourense é titular na selección
desde 2007, desde que con 16 anos obtivera o título de Gran Mestre. Nesta Eurocopa, a
Selección Española acadou un resultado histórico, quedando no 4º posto de 38
países participantes, chegando incluso a compartir o terceiro posto coa
poderosa Polonia, ambas seleccións só superadas por Francia, (reforzada con
Alirejza Firoujza, chamado sen dúbida a ser o seguinte sucesor de Magnus
Carlsen), que quedou segunda, superanda únicamente pola campioia Ucraína, que
deixaba claro que a hexemonía dos países do leste aínda non chegou ao seu
fin. España rematou
invicta, con 4 vitorias parciais e cinco empates, mentres que a nivel
individual, e no que respecta a Iván Salgado, cómpre destacar que rematou a
cita continental sen derrotas, tras conseguir neutralizar aos seus 6
poderosos rivais con outros tantos empates, por esta orde, ante o islandés
Gertarsson, o ruso Episenko, o ucraíno Korobov, o armenio Samuel
Ter-Shahakyán, o polaco Woicjev Moranda e o holandés Van Foorest, na última
xornada, na que España venceu a Holanda por un axustado 2,5 a 1,5 que deu aos
españois a chave dunha magnífica cuarta praza. Voz de Galicia 23.11.21
(papel) Club Deportivo Xadrez Ourense, 4º no Campionato de España de Clubs
– Rápido Ciudad Real acolleu o
campionato de España de clubs na súa modalidad rápida os días 9 e 10 de
Outubro, nunha cita na que se reuniron ata 48 equipos de todo o panorama
nacional. O equipo comandado
por Iván Salgado, acompañado de Aryan Tari, Jorge Viterbo, André Ventura,
David Gómez e Elías González finalizou nunha excelente cuarta plaza, chegando
incluso a superar a equipos máis potentes sobre o papel na clasificación final. Os ourensáns lograron
13 puntos dos 18 en litixio (súmanse 2 por encontro gañando, 1 por empate e 0
por derrota), caendo únicamente ante o Magic Extremadura e ante o Silla-Bosch
levantino. Tras superar a outras
seis escuadras, os granadinos da Zubia, os cataláns do Vila Olímpica, os
andaluces do Club Ajedrez Nazarí, os Madrileños do Alcorcón e do Villalba e aos
cántabros do Solvay, e un empate final ante o Paterna do alemán Rasmus Svane
ou do nº 1 español Paco Vallejo, con quen entablou Iván Salgado. Nesta cita nacional
tamén participaron o Círculo Ferrolán, que rematou nun excelente 7º lugar, e
o Xaqedrum Lucense, como representantes galegos, ademais de Club Xadrez
Ourense. Ver
nota de prensa (Las Provincias), 11.10.21 Ver
nota de prensa (La Región), 12.10.21 Ver
nota de prensa (La Voz de Galicia), 9.10.21 Ver
nota de prensa (Faro de Vigo), 9.10.21 Ver
nota de prensa (La Voz de Galicia), 9.10.21 Club
Xadrez Ourense retorna á categoría de plata do Xadrez Nacional Tras 18 anos de historia
o Club Deportivo Xadrez Ourense debutaba na División de Honra Nacional, un
periplo ascendente que arrancou co ascenso á 1ª autonómica en 2005, logo á
División de Honra Galega en 2009, e tras un debut discreto en 2ª categoría
nacional de 2015, chegou 2018, ano no que se obtivo o ascenso á 1ª división
español. posteriormente, xa en 2020, o Clube Ourensán debutou na máxima
categoría do xadrez español. O único conxunto galego nesta categoría, entre
un selecto grupo de 8 equipos do panorama nacinoal, de entre os máis de 1500
clubes e 6500 equipos de xadrez que hai no estado. Un orgullo e unha
satisfacción enormes para un modesto conxunto que segue mantendo o ADN
Ourensán. O ano próximo, novamente en primeira nacional, tras o descenso,
volveremos a loitar por regresar á “galáctica”, División de Honra. O conxunto formado
por Aryan Tari, Iván Salgado, Jorge Viterbo, André Ventura, David Gómez,
Yudania Hernández Martín Gómez, e Adrián Gómez, José Saavedra e Elías
González (os 3 últimos como suplentes), partía coa clara desvantaxe de ser o
ránking máis baixo da categoría, pero as ilusións eran grandes. A falta de
inspiración e de sorte en momentos puntuais deixou ao equipo de Ourense sen
opcións á falta dunha rolda, remantado últimos dunha clasificación que se
expresa demasiado rigurosa na que os reveses da primeira e sexta roldas, cos
encontros lixeriamente favorables durante varios momentos, foron decisivos. Equipos Galácticos
entre os que militaban varios “top 100” mundiais, coma Korobov ou Shírov
(Silla), Eljanov ou Jons (Sestao), Cheparínov ou Oparín (Magic), Gelfand ou
Naitdistch (Gros Xake), Vallejo ou Howel (Paterna), David Antón ou Magsoodloo
(Beniaján Murcia), Kozubov ou Krygoruchvko (Monzón Huesca), non desanimaron
aos ourensáns a exercer as súas opción de “David” ante estos “Goliat” do
taboleiro, pero finalmente non puido ser. Noroaboa aos campeóns
do Beniaján Murciano, mentres que os donostiarras do
Gros, acompañaran ao Xadrez Ourense no seu retorno á primeira nacional. Ver nota de prensa, (La
Región), 19.10.21 Ver
nota de prensa, (La Voz de Galicia), 19.10.21 Ver nota de prensa, (La Voz de
Galicia), 15.10.21 Ver
nota de prensa, (La Voz de Galicia), 13.10.21 Ver
nota de prensa, (La Voz de Galicia), 12.10.21 Ver
nota de prensa, (Faro de Vigo), 12.10.21 Ver
nota de prensa, (La Región), 12.10.21 Ver
nota de prensa, (Cadena Ser), 11.10.21 Ver
nota de prensa, (Faro de Vigo), 9.10.21 Curso de Xadrez 2021-2022 A Escola
de Xadrez de Club Deportivo Xadrez Ourense, a través do seu equipo de
monitores e adestradores titulados (FEDA e FIDE), arranca o seu programa para
o curso 2021 – 2022, desenvolvendo a súa tarefa semanal nos seus locais de
Ramón Cabanillas nº 10 de Ourense, e quedando a actividade estructurada por
grupos repartidos en
niveis (dende iniciación ata nivel avanzado). A nosa tarefa de clases de xadrez en Ourense
desenvólvese en grupos de ata 9 asistentes, e tamén en grupos reducidos ou
sesión individuais. Tamén
se están a iniciar, divulgar e promover os cursos de xadrez nos centros de
ensino. Para ESTE CURSO Club Deportivo
Xadrez Ourense colaborará coa Secretaría Xeral para o Deporte no programa de
Divulgación de Xadrez online para todos os centros da provincia (XOGADE), e tamén co
programa de divulgación do xadrez do
Concello de Ourense. (en breve información
completa nesta web). Ver
programa de xadrez para o curso 21-22, nos centros de ensino. *Ver certificación oficial de técnicos
titulados 2021 Escola Xadrez Ourense desenvolve un triple
proxecto de expansión do xadrez co Concello Técnicos de
Club Xadrez Ourense cos responsables de deportes e educación do Concello de
Ourense Concello de Ourense e
Club Deportivo Xadrez Ourense asinaron este mes de setembro, un proxecto para
a promoción e divulgación do xadrez no noso municipio cunha triple liña de
acción, achegar o xadrez aos centros de ensino para que nenos de entre 5 e 10
anos poidan coñecer os primeiros segredos desta disciplina intelectual e
deportiva tan beneficiosa, en segunda instancia un curso de xadrez para
maiores de 14 anos de 50 horas de duración, (40 presenciais e 10 online), e a
divulgación do libro do GM Iván Salgado “aprende xadrez desde cero”, en
bibliotecas, centros, ANPAS e espazos públicos en xeral do noso concello, en
primeira instancia e nunha segunda entrega poder achegalo a todos os
escolares interesados. Ver Cartel Escola Municipal de
Xadrez Ver díptico Escola Municipal de Xadrez Ver
Díptico programa “Escola Municipal de xadrez 21-22” Ver Díptico programa “Xadrez nas escolas de Ourense 21-22” Ver
nota de prensa V, (Faro de Vigo, 29.9.21) Ver
nota de prensa IV, (Voz de Galicia 28.9.21) Ver
nota de prensa III, (Voz de Galicia dixital 28.9.21) Ver
nota de prensa II, (Cadena Ser, 28.9.21) Ver nota de prensa I, (La Región, 28.9.21) Xornadas Internacionais “Xadrez: Deporte, Educación e
Formación” Iván Salgado, Josep Oms e Carlos Martínez, ponentes de luxo
na edición 2021 Manuel Pérez, Iván Salgado, Adrián Gómez, Alba Pérez, Laura
Gómez e Daniel Manrique. Entre os días 3 e 6 de Setembro celebráronse
en Ourense as xornadas internacionais “Xadrez: Deporte, educación e formación”,
organizadas por Club Deportivo Xadrez Ourense coa colaboración da Secretaría
Xeral para o Deporte e da plataforma “NON á violencia de xénero”. Os Grandes Mestres Iván Salgado e Josep Oms,
así como o psicólogo da Federación Española de Ajedrez, Carlos Martínez
Piqueras, confeccionaron un cartel de luxo como ponentes destas xornadas. O Venres, tras a presentación aos medios coa
presenza do delegado provincial Gabriel Alén, arrancou a primeira das
actividades coa conferencia do G.M. Iván Salgado “Beneficios intelectuais do
xadrez na comunidade escolar”, acto que foi continuado coa presentación do
libro “Aprende Xadrez desde cero, con Iván Salgado”. Simultáneamente o Mestre
Fide Adrián Gómez realizou unha exhibición de xadrez simultáneo ante tres destacados
escolares, habituais en probas autonómicas e nacionais, Laura Gómez, Alba
Pérez e Daniel Manrique. Xa na matinal da xornada do día 6 de
Setembro, tivo lugar unha mesa redonda denominada “recursos técnicos e
psicolóxicos para os profesionais do ensino do xadrez”, á que asistiron
técnicos titulados de diferentes clubes da nosa provincia, a sesión
desenvolveuse nas aulas de Club Xadrez Ourense, con posterior xantar para os
asistentes. Pola tarde, o psicólogo Carlos Martínez
desenvolveu unha interesante conferencia sobre os beneficios psicolóxicos do
xadrez para os seus practicantes, e a Continuación o G.M. Josep Oms, explicou
un modelo a seguir de escola de xadrez, tomando como referencia a experiencia
que se está a realizar en Lleida, onde o xadrez chega a máis de 1000 xóvenes
(ver clases de xadrez en
ourense – clases de
ajedrez en ourense). Ver programa completo das
xornadas Ver galería de imaxes
xornada do 3 de Setembro Ver galería de imaxes
xornada do 6 de Setembro Ver nota de prensa,
Voz de Galicia 7 Setembro (portada) Ver nota de prensa, Voz de
Galicia 7 Setembro Ver
nota de prensa, Voz de Galicia, 7 Setembro. Dixital. Ver nota de prensa, La
Región 7 Setembro Ver nota de prensa, La
Región, 4 Setembro Ver nota de prensa, Faro de
Vigo, 4 Setembro Ver nota de prensa, Voz de Galicia
4 Setembro Ver
nota de prensa, Faro de Vigo, 4 Setembro. Dixital. Ver
nota de prensa, Voz de Galicia, 4 Setembro. Dixital. Ver
nota de prensa, Región, 3 de Setembro. Dixital. Iván Salgado, finaliza a medio punto do título nacional
2021 Iván Salgado vs. Vallejo,
na última xornada en mesa nº 1. Entre os días 16 y 24 de Agosto tivo lugar en
Linares (Jaén) o campionato de España individual sénior de xadrez, coa
participación do Gran Mestre ourensán, Iván Salgado, que días antes se fixo
co bronce nacional individual de blitz en Marmolejo (Jaén). Unha das edicións máis fortes do nacional
individual finalizou con 9 dos 10 Grandes Maestros presentes, nos 9 primeiros
postos dunha apretada clasificación final, sobre todo para o 2º posto, no que
ata 8 deles remataron con idéntica puntuación, 7 puntos, os que también
obtivo Iván. Iván Salgado, levou pezas brancas na última
xornada ante o nº1 do xadrez español, Paco Vallejo, tras unha sólida apertura
ningún dos contendentes atopou a fórmula para continuar sin debilitarse e
acordáronse táboas, o que que conducía a ambos aos 7 puntos finais, os mesmos
que outros 6 grandes maestros, o xoven Jaime Santos, os televisivos David
Antón e Pepe Cuenca, Miguel Santos (tataraneto de Miguel de Unamuno), o
hispano-letón Alexei Shírov ou o extremeño Pérez Candelario, todos con 7
sobre 9. Así, o hispano venezolano Eduardo Iturrizaga
Bonelli, proclamábase campión ao rematar campión con 7.5 puntos, tras superar
na última rolda ao M.I. Pablo Ladrón de Guevera. Tamén hai que facer mención ao xogador do Xadrez
Verín, Luis Marcos Medarde, que rematou no posto 40º con 5.5 puntos. Con esta competición finalizan os campionatos
nacionais individuais de 2021, nos que o balance para os xadrecistas
ourensáns foi positivo, destacando o bronce de Salgado na modalidade de
Blitz, o 2º posto compartido (6º por coeficiente), no nacional sénior e 4º na
modalidad rápida. No tocante ás categorías de edades, hai que
lembrar o 10º posto compartido de Daniel Manrique en categoría sub8, o 15º de Martín Gómez Carreño en sub18
modalidad rápida, sen esquecerse da enorme subida de ránking nos nacionais
sub16 e sub18 do xoven Xacobe Conde. En calquera caso, o que consideramos máis
destacable neste ainda difícil 2021, foron máis de 30 as participacións dos
xadrecistas ourensáns sumando todas as modalidades disputadas desde finais de
Xuño ata o martes 24 de agosto, nas que tomaron parte xadrecistas do Xadrez
Ourense, Xadrez Verín, Xadrez Benchoshey e
Academia Postal. Destacan as 24 participacións dos xadrecistas
de Club Deportivo Xadrez Ourense entre todas todas as modalidades,
consolidándose como entidade galega máis representada nos nacionais 2021. Ver nota de prensa, (La
Región, 25 de Agosto - papel) Ver
nota de prensa, (Voz de Galicia, 25 de Agosto) Ver
nota de prensa, (Cadena Ser, 25 de Agosto) Ver nota de prensa,
(Faro de Vigo, 25 de Agosto – papel) Ver
nota de prensa, (Faro de Vigo, 25 de Agosto) Ver
nota de prensa, (Voz de Galicia, 19 de Agosto) Iván Salgado Bronce nacional individual de xadrez relámpago O pasado venres día
13 de Agosto no Balneario de Marmolejo, (Jaén), o Gran Mestre Ourensán Iván
Salgado proclamouse bronce nacional de Blitz entre os máis de 250
participantes, 70 deles con categoría de mestres, os "cinturóns
negros", do xadrez. Pasada media noite, Iván conquistaba este pódium, con 7.5 puntos
dos 9 posibles, únicamente por detrás do “Rafa Nadal” do Xadrez español, o
balear Paco Vallejo, ouro, e do murciano Carlos Ibarra, prata. Xa no 14 de Agosto, no pabellón polideportivo de Jaén, 208
ajedrecistas, Iván Salgado, finaliza tras 9 horas de intensa competición,
empatado no cuarto posto, acariciando outro podium nacional. Pola súa banda, Elías González, remata empatado no posto
44º, con 5.5 puntos, mentres que Jesús Betancourt e David Gándara rematan con
2.5. Ver clasificación
nacional senior de blitz 2021 Ver clasificación nacional
senior rápido 2021 Ver nota de prensa, (La Región 17
agosto) Ver nota de prensa, (La
Región, 16 de Agosto) Ver nota de prensa, (Cadena Ser,
16 de Agosto) Ver nota de prensa, (La Voz de
Galicia, 16 de Agosto) Ver nota de prensa, (Faro de
Vigo, 16 de Agosto) Ampla embaixada e
positivos resultados dos xadrecistas de C.D. Xadrez Ourense no nacional de
idades 2021 A localidade
granadina de Salobreña acolleu durante 5 semanas, entre o 24 de xuño e o 1 de
agosto, os campionatos de España individuais de xadrez para menores de 18
anos, entre os que houbo unha destacada presenza de xadrecistas de Club Deportivo Xarez Ourense, cun total
de 13 participacións nestes nacionais de 2021. A nosa entidade,
segue manténdose como referente autonómico na órbita nacional, tamén é de
destacar a presenza dos varios xogadores de xadrez do Club Benchoshey de
Pereiro de Aguiar, con ata 7 participacións nesta edición dos nacionais de
2021. No tocante ás
actuacións individuais dos nosos deportistas, o máis destacado foi o 15º
posto (empatado no 14º), de Martín
Gómez Carreño no nacional de xadrez rápido sub-18 con 6 puntos, unha cita
cun total de 147 participantes, sen equecerse do 13º posto con 5,5 puntos,
(empatado ao 10º), de Daniel Manrique
García, no nacional individual sub8. Ademais da
actuación de Martín Gómez na nacional de rápidas Sub18, cómpre destacar os 4,5
puntos de Marcos Vázquez Gómez (Xadrez
Ourense), que o levaron a compartir o posto 64º de 147 participantes. En canto ao cto.
Dende España sub18 de xadrez clásico son moi salientables os 5,5 puntos de Xacobe Conde Riveiro (Xadrez
Ourense), aínda na idade sub-16, que o levaron a compartir o posto 30º (de
189 participantes). Pola súa banda, Martín
Gómez Carreño tamén rematou con 5,5 puntos nesta categoría, mentres que Marcos Vázquez Gómez (Xadrez
Ourense), rematou empatado no 59º con 5 puntos. A embaixada do Club Xadrez
Ourense nesta categoría completárona Laura
Gómez Carreño e Adrián Vázquez Velasco, que con
3 puntos, acabaron compartindo a posición 156 dos 189 xadrecistas totais. Xa en Sub-16,
modalidade de xadrez clásico, a actuación de Xacobe Conde Riveiro foi notable con 5,5 puntos, que acabou
compartindo a 37ª posición (dun total de 201 xogadores), mentres que Iván Dopazo Vázquez, rematou con 3,5
puntos, compartindo o 142º posto. Pola súa banda, Laura Gómez Carreño (Xadrez Ourense), acabou empatada a 167º con
3 puntos. En Sub-16,
modalidade de xadrez rápido, Xacobe
Conde e Iván Dopazo, ambos con 4 puntos, remataron empatados no posto
84º, mentres que Laura Gómez, con 3 puntos, rematou empatada no posto 117. Pola súa banda, o
xovencísimo xadrecista sub8, Daniel
Manrique García (Xadrez Ourense), que viaxaba a Granada como actual
campión galego individual 2021, rematou empatado ao 10º posto con 5,5 puntos
de 8 posibles, dun total de 78 participantes. Ver nota de prensa (La Región II, 10.8.21) Ver nota de prensa (La Región I, 10.8.21) Ver
nota de prensa (Voz de Galicia 3.8.21) Ver
nota de prensa (Faro de Vigo, 3.8.21) Ver nota de prensa (La Región, 3.8.21) Ver
nota de prensa (Cadena Ser, 29.6.21) Ver
nota de prensa (Faro de Vigo, 29.6.21) Ver nota de prensa (La Región, 28.6.21) Ver nota de prensa (Voz de Galicia 26.6.21) Ver Clasificación final Sub-18 clásico Ver Clasificación final Sub-18 rápido Ver Clasificación final Sub-16 clásico Ver Clasificación final Sub-16 rápido Ver Clasificación final Sub-8 clásico Escola de Xadrez
Ourense oferta o curso de clases de xadrez en Ourense para o curso 21-22 O equipo de técnicos titulados de Club Xadrez Ouense realiza a súa oferta anual de clases de xadrez en Ourense para todos os niveis, de iniciación a avanzado e desde os 5 anos ata adultos. (clases xadrez en Ourense – ver información) Escuela de Ajedrez Ourense oferta el cuso de
clases de ajedrez en Ourense para el curso 21-22 El equipo de técnicos titulados de Club Ajedrez Ouense realiza su oferta anual de clases de ajedrez en Ourense para todos los niveles. Desde iniciación hasta avanzado y desde los 5 años de edad hasta adultos. (Clases de ajedrez en Ourense – ver información) Iván Salgado,
terceiro no iberoamericano online por 2º ano consecutivo Durante o mes de
xullo disputárons as últimas eliminatorias do Campionato iberoamericano na
súa modalidade online de blitz e o xadrecista do Club Deportivo Xadrez
Ourense, Iván Salgado, conquistou o bronce por segundo ano consecutivo por
detrás do gañador, o venezolano Iturrizaga Bonelli e do subcampión, nesta
edición o tamén español, Miguel Santos. Ver nota de
prensa, (La Región 10 de Agosto) COPA
MARISTAS DE XADREZ -
2021 Marcos
Vázquez, (Xadrez Ourense y alumno de Maristas), Campeón Sénior de la 15ª
edición O sábado 5 de xuño
disputouse unha edición moi especial da Copa de Xadrez Maristas-Galicia, (a
15ª), cun formato innovador para adaptarnos aos tempos que vivimos, metade
online e metade presencial e cun total dun centenar de participacións, máis
de 70 na sesión matinal e o 24 finalistas nos play-off presenciais. O Colexio Maristas
de Ourense e o Club Deportivo Xadrez Ourense traballaron un ano máis en
equipo, para levar a cabo a que se agarda que sexa a última edición “non
presencial” (ou mixta), e que se volva a abarrotar o pavillón polideportivo
de Maristas a partir de 2022, do mesmo xeito que na última década e media. Pola mañá do
sábado, máis de setenta participantes xogaron a fase preliminar online, na que os
xadrecistas divididos en dous grupos, por unha banda os infantís, cadetes e
sénior e por outro grupo os alevíns, benxamíns e prebenxamíns. Os catro primeiros
de cada categoría (un total de 24 xadrecistas) xogaron os play-offs de xeito
presencial durante toda a tarde (semifinais e finais en cada categoría), por
razóns de aforo, os play-off fixéronse gradualmente e espaciados durante
varias horas, na tarde do sábado. Finalmente, Marcos
Vázquez en sénior, Iván Dopazo en cadetes, Alba Pérez en Infantís, Marcos
García en alevín, Joel Cid en Benxamín e Roi Fernández en Sub8 foron os
gañadores das respectivas categorías. As instalacións do
Club Deportivo Xadrez Ourense (adaptadas ao protocolo da Secretaría Xeral
para o Deporte), serviron de escenario para o play-off final presencial das
seis categorías. Representantes do Colexio Maristas e do Club Xadrez Ourense
repartiron os trofeos aos gañadores e aproveitaron para entregar varios dos
premios do sorteo de 25 importantes regalos. Ver
clasificación da fase previa Senior-Cadete-Infantil Ver
clasificación da fase previa Alevín-Benxamín-Prebenxamín Ver horario de recollida
dos premios de participación e regalos do sorteo. Ver
galería de imaxes dos pódiums. (en breve notas de
prensa relacionadas) Os xadrecistas
ourensáns pechan os autonómicos 2021 con 7 podiums Padrón acolleu os
días 28,29 e 30 de Maio as dúas categorías que faltaban para completar os
campionatos Galegos de 2021. A destacar, unha vez máis, a ampla presenza de deportistas do Club
Xadrez Ourense, que con 10 participantes cubriu nestas dúas categorías ata un
15% da participación total desta cita sub10 e sub12, (en Galicia existen
92 clubes de xadrez). Finalmente o noso Club
consolídase como a entidade autonómica máis participativa nos autonómicos
disputados ao longo dos dous últimos meses con ata 61 participantes totais.
En cuanto aos ourensáns máis destacados nestas dúas categorías hai que
salientar o terceiro posto obitdo por Mateo Martínez (Benchoshey), na
categoría sub10, e o de Mateo Dibuja (A. Postal), que obtivo idéntico posto
na categoría sub-12. Estos dous metais
hai que sumalos aos 5 xa obtidos en recentes datas por: Daniel
Manrique do Xadrez Ourense (Ouro sub8), Pura Diéguez doBenchoshey, (prata
infantil), Laura Gómez do Xadrez
Ourense (prata cadete), David
Gómez do Xadrez Ourense (prata sénior en xadrez rápido), e o bronce obtido polo Xadrez Ourense “A”, na
copa autonómica de Clubs hai escasas semanas, completando así os 7 metais
para a nosa provincia nestos campionatos autonómicos 2021. Próximamente
arrancarán os campionatos de España individuais en Salobreña (Granada), nos
que o noso primeiro embaixador será Daniel Manrique do Xadrez Ourense (actual campeón
galego sub8). Ver
clasificación galego sub10 Ver
clasificación galego sub12 Ver nota de prensa (La
Voz de Galicia 1 de xuño) Ver nota de prensa
(La Región 1 de xuño) David
Gómez Diéguez, subcampeón galego sénior de Blitz 2021 Padrón acolleu
o sábado día 22 de maio o campionato galego individual sénior da modalidade
de xadrez relámpago na que se deron cita arredor dun centenar de xadrecistas
procedentes da gran maioría de clubs de galicia. O Mestre FIDE,
David Gómez Diéguez, do Club Xadrez Ourense, conquistou o subcampionato nesta
modalidade na que tomaron parte varios dos mellores especialistas de
Galicia. David,
únicamente se viu superado na clasificación final por o experimentado Mestre
Ferrolán, Antonio Pazos, (finalmente campión), e rematou por diante de
contrastados mestres galegos como Fernando Sánchez, Diego Espiñeira ou Luis
Medarde, entre outros. Precisamente Luis Medarde, do Xadrez Verín, foi tras
David, o xadrecista máis destacado dos clubs ourensáns, rematando en 7º
posto. Xa na xornada
do domingo 23, disputouse a modalidade de xadrez rápido, na que David Gómez,
volveu a ser o mellor ourensán clasificado, malia rematar entre os 10
primeiros, esta vez únicamente pudo rematar no noveno posto. Destacando tamén
a actuación do xadrecista do Club Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar,
Eloy Sixto, que rematou undécimo. En cuanto a
Clubs, hai que volver a salientar a ampla presenza dos deportistas de Club
Xadrez Ourense, que se consolida como unha das escuadras máis participativas
dentro dos 92 clubs que hai en galicia, con ata 12 participacións nas dúas
modalidades deste fin de semana pasado, acumulando xa 62 participacións nos
campionatos autonómicos 2021 que van disputaos, á espera da celebración
do Campionato Galego Sub10 e Sub12, que terá lugar os días 28, 29 e 30 de
Maio.
Ver clasificación
final Cto. Galego de Blitz 2021 Ver clasificación final
Cto. Galego de Rápidas 2021 Ver nota de prensa
III (La Voz de Galicia 25 de Maio) Ver nota de prensa
II (La Región 25 de Maio) Ver nota de
prensa I (La Región 25 de Maio) Copa
Xunta de Galicia de Clubs 2021 Club
Xadrez Ourense Senior “A” bronce, Xadrez Ourense Cadete 5º posto. Padron acolleu a Copa
Xunta de Galicia de Clubs na súa edición 2021, a competición iniciouse o
sábado 24 de Abril coa categoría cadete (Sub16) con
ata 20 equipos procedentes de Todo Galicia. O Club Xadrez Ourense foi a
entidade galega máis representada, xunto co Xadrez Mos de Pontevedra, ambos
con 3 equipos (no caso dos ourensáns cos equipos “A”, “B” e “C” de promesas). Finalmente o primeiro
equipo do Xadrez Ourense A, subiu ao podio para recoller a copa de 5º
clasificado, un resultado moi meritorio para un xoven e renovado equipo, con respecto ao
cadete de 2019 que viña de gañar as tres últimas edicións desta Copa
autonómica. Tamén hai que destacar o excelente 10ª posto do equipo do Xadrez
Ourense B, composto maioritariamente por infantiles e ,
sobre todo, a excelente actuación do Xadrez Ourense “promesas”, composto por
xovencísmos sub12, sub10 e sub8, que rematou no posto 12ª consguindo rematar
por diante de ata 8 escuadras cadetes de Galicia. O domingo 25 tivo
lugar a categoría Sénior, na que se deron cita 34 equipos de toda Galicia e
na que O Club Xadrez Ourense por partida doble (A e B). Club Xadrez Ourense
“A”, contaba coa importante baixa do seu “Xefe de filas” Iván Salgado, pese a
todo chegou á 7ª e última rolda coas súas posibilidades intactas, ante outro
dos favoritos o
Círculo Ferrolán. Tras un apretado encontro o 2-2 final, afastou do ouro aos
ourensáns, que tiveron que conformarse co bronce, tras colarse Rianxo A no
segundo posto por coeficiente, tras golear ao seu propio filial (Rianxo B),
por 4-0 na ultima xornada. Pese a todo un
excelente bronce para “quentar motores” e tomar contacto para un Setembro
apaixoante donde por primeira vez na sua historia o Xadrez Ourense debutarán
na División de Honra Nacional, entre os 8 clubs mellores de España. Tamén hai que
resaltar o excelente 13º posto do xoven conxunto do Xadrez Ourense B, así
como o 18º do Universitario de Ourense, que tamén alineou a varios dos seus
xogadores máis prometedores. Ver
clasificación final categoría sénior. Ver
clasificación final categoría cadete. Ver nota de prensa (La Región 4
de Maio) Ver nota de prensa (La región
27 abril) Ver nota de prensa (Faro de Vigo
27 de abril) David
Gómez vencedor no Open de Ferrol de xadrez rápido O
Mestre FIDE David Gómez Diéguez, acaba de proclamarse o sábado 17 de Abril, vencedor no Open de Ferrol de xadrez rápido,
conquistando sete victorias en sete partidas, por diante de mestres como A.
Stríkovic, Diego Espiñeira ou Luis Marcos Medarde. Parabéns tamén ao campión
sub10 da proba, Dani Manrique (todavía sub8), que rematou con tres puntos, os
mesmo que Antón Lorenzo, tamén do Xadrez Ourense, que rematou con idéntica
puntuación. NORABOA A TODOS! Ver
nota de prensa (La Región 19 de Abril) Ver
nota de prensa (Voz de Galicia 19 de Abril) Daniel
Manrique García, de 7 anos, campión galego de xadrez Sub-8. A localidade coruñesa de
Padrón acolleu os dias 10 e 11 de abril o campionato galego individual para
xadrecistas de ata 8 anos, valedeiro para o campionato nacional en Salobreña
(Granada), que terá lugar o vindeiro mes de xuño. A embaixada ourensana
estivo composta por 5 xadrecistas, 4 de Club Deportivo Xadrez Ourense e 1 do
Club Benchoshey (Pereiro de Aguiar). Novamente, Club Xadrez Ourense, xunto
con Fontecarmoa de Vilagarcía, foi a entidade galega máis representada, con
estos 4 participantes: Roi Fernández,
Daniel Manrique, Lucas Díaz e Miguel Fidalgo. É de salientar que 3 dos
4 xadrecistas do noso club remataron entre os 10 primeiros, (Daniel Manrique
1º, Miguel Fidalgo 8º e Roi Fernández 10º), o que dá unha idea do excelente
traballo realizado pola monitora nacional Alba Rodríguez coa nova canteira do
club. A gran noticia para o
xadrez ourensán chegou da mans de Daniel
Manrique García, (Ourense, 2013), que con só 7 anos acadou 7,5 dos 8
puntos en litixio convertíndose en campión de Galicia, o xoven xogador do Club Xadrez
Ourense únicamente cedeu un empate, precisamente ante o seu compañeiro de
club, Miguel Fidalgo. Este ouro para os
xadrecistas ourensáns aumenta o botín recollido nas categorías xa disputadas
anteriormente, entre as que hai que lembrar a prata en sub-16 de Laura Gómez
Carreño (Xadrez Ourense), ou o bronce de Pura Diéguez, (Benchoshey) en
sub-14. O vindeiro mes de maio
terán lugar enPadrón o resto de categorías (sub 12 e sub 10), que contarán
tamén cunha destacada participación. Ver nota de prensa (La Región, 13
de Abril) Ver
nota de prensa (Voz de Galicia, 12 de Abril) Ver nota de prensa (Faro de Vigo,
12 de Abril) Campionatos
Galegos Individuais Sénior, Xuvenil, Cadete e Infantil – 2021 20
deportistas de Club Xadrez Ourense acudiron á cita padronesa en S. Santa de
2021 A coruñesa vila de Padrón acolleu por 21º
ano consecutivo, a celebración dos Ctos. Autonómicos individuais de xadrez
nas súas categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Infantil que tiveron lugar ao
longo da Semana Santa. A Federación Galega de Xadrez organizou un evento, no
que se aplicaron todas as medidas dispostas pola Secretaría Xeral para o
Deporte. A participación dos deportistas
ourensáns foi moi significativa nas cuatro categorías disputadas, con máis de
30 xadrecistas participantes, destacando a ampla embaixada do Club Xadrez Ourense que contou coa
presenza de 20 deportistas, consolidándose, xunto ao Club Xadrez
Fontecarmoa de Vilagarcía, un ano máis, como entidade galega máis
representativa. (en Galicia, existen 92 clubs de xadrez). As primeias datas (do 27 ao 30 de Marzo), estiveron reservadas para as categorías Infantil e
Cadete, nas que hai que salientar o bronce Infantil feminino logrado por Pura
Diéguez (Club Benchoshey), nunha categoría na que o mellor clasificado da
xeral foi o verinense Tristán Alonso (Portas Abertas de Verín), que rematou
empatado ao 7º posto, con 5.5 puntos dos 8 posibles. Nas mesmas datas disputouse a
categoría cadete, na que o resultado máis salientable foi a prata feminina
lograda por Laura Gómez Carreño (Club
Xadrez Ourense), dentro dunha categoría Sub16 na que o mellor clasificado
ourensán foi Xacobe Conde Riveiro
(Xadrez Ourense), que rematou empatado no cuarto posto, sen esquecerse de
Iván Dopazo (Xadrez Ourense), que
tamén rematou entre os 10 primeiros. Con estos metais, (bronce e prata
respectivamente), ambas xadrecistas, Pura e Laura, garantiron o seu pasaporte
para o vindeiro nacional de Granada o vindeiro Xullo. As últimas datas da Semana Santa
quedaban reservadas para as categorías Xuvenil e Senior, nas que o xadrez
provincial tivo especial protagonismo. Na categoría Xuvenil, malia a
importante baixa do catro veces campión autonómico Martín Gómez Carreño, hai
que salientar o 8º posto logrado por Mateo
Díaz (Xadrez Ourense), así como tamén as de César Pérez (Liceo Recreo) e
de Marcos Vázquez (Xadrez Ourense),
ambos remataron empatados no posto 11º. Xa en categoría Senior, ata 3 dos
catro primeiros postos viaxaron para os Clubs Ourensáns. O Gran Mestre
Coruñés David Lariño, enrolado fai varias tempadas no Xadrez Verín foi o
gañador do ouro absoluto, mentres que o seu compañeiro no Xadrez Verín, o
Mestre Compostelán, Luis Medarde rematou subcampión. Pola súa parte o Xoven
Mestre Ourensán David Gómez Diéguez
(Xadrez Ourense), rematou no cuarto posto, separado tan só unhas décimas
do bronce por coeficiente de desempate, en favor do Padronés Diego Espiñeira.
Ver clasificación
final sénior Ver clasificación
final xuvenil Ver clasificación
final cadete Ver
clasificación final infantil Nota de prensa: (La Región, 6
de abril 2021) nota de prensa:
(Voz de Galicia, 3 de abril 2021) nota de prensa: (Cadena
Ser, 3 de abril 2021) nota de prensa:
(Faro de Vigo, 2 de abril 2021) nota de prensa: (La Región,
30 de Marzo de 2021) nota de prensa: (Faro
de Vigo, 29 de Marzo de 2021) Torneo da Provincia individual por idades para federados,
2021 O pasado sábado día 27 de Febreiro,
tivo lugar o torneo provincial por idades, (desde sub8 ata sub18), para
deportistas federados, relativo á tempada 2021. Un total de 116 participantes
pertencentes a clubes de toda a provincia déronse cita neste bonito evento
que ademais de gran participación contou con xóvenes participantes de moita
calidade, o que quedaba testemuñado coa presenza de más de 30 xogadores con
ránking internacional. Este ano, e por as consabidas
dificultades, e malia que xa están fixados os autonómicos respectivos, a
FEGAXA non organizou directamente os Ctos. Provinciais en ninguna das catro
provincias, por iso tres clubes moi representativos da nosa provincia, Xadrez Verín, Xarez Benchoshey e Xadrez
Ourense, xuntáronse nun esforzo organizativo e económico para sacar
adiante este individual da provincia relativo á
tempada 2021, que ademais de trofeos para todos os participantes, contou con
ata 30 becas – axuda, orientadas fundamentalmente, á estimular a participación
nos autonómicos individuais por categorías de 2021. Os 18 podiums (3 primeiros
clasificados de cada categoría) quedaron repartidos do seguinte xeito: Club
Xadrez Ourense 8 podiums, Club Xadrez Verín 6 podiums, Liceo Recreo 2
podiums, Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar 1 podium e Club Universitario
de Ourense 1 podium. No relativo a deportistas becados (os
5 primeiros de cada categoría), o Xadrez Ourense obtivo 12 deportistas
beneficiados, Xadrez Benchoshey 7, Xadrez Verín 6, Liceo 3 e Universitario de
Ourense 2. Ver nota de prensa – La
Región, 2 marzo, II Ver nota de prensa – La
Región, 2 marzo , I Ver nota de
prensa – La Voz de Galicia, 2 marzo Ver nota de prensa
– La Región, 26 febreiro. ** Open de Gran Canaria “Carnaval 2021” O
Gran Mestre ourensán Iván Salgado, rematou campión no Open de Gran Canaria,
entre más de 800 xadrecistas de todo o planeta que se dieron cita de forma online,
por diante de nomes de peso mundial como o G.M. cubano Lázaro Bruzon ou o
Armenio GM Sergei Movsesian. Especial mención merece o xovencísimo xadrecista
ourensán de tan só 7 anos de idade, Daniel Manrique, que rematou no posto 547º, y como
terceiro sub 8 dentro do panorama internacional; Daniel, compañero de club de
Iván Salgado no Club Deportivo Xadrez
Ourense, rematou con 4 puntos, únicamente superado polo prodixio chinés Weyjang Lu e polo tamén sub8, o eslovaco
Ryan Mazak. Ver noticia- La Voz de Galicia, 23 febreiro Ver noticia – La Región, 23 febreiro Presenza de Club Xadrez Ourense no Congreso
Nacional de Xadrez Educativo David González, con
Elías, Yudania e Iván Salgado. Compañeiros e técnicos de Club Xarez Ourense Na
xornada do Domingo 14 de Febreiro tivo lugar o “Congreso Nacional de Ajedrez
Educativo - Transversalidad social” . David González
Gándara, membro de Club Xadrez Ourense, (21.8.1978), Licenciado en ciencias
da educación, orientador escolar, entrenador de xadrez e árbitro
internacional foi un dos ponentes, entre nomes de
peso pertencentes ao panorama nacional e internacional que participaron neste
interesante congreso. Nesta
cita 2021, profundizouse en temas relacionados coa importancia o xadrez como
ferramenta educativa, a súa presenza nas escolas intracurricularmente, e
físxose fincapé no valor formativo desta disciplina milenaria, ademais de
recalcarse a súa importancia domo ferramenta de transversalidade social. En
Galicia, desde o 21 de Xullo de 2015, (ver DOG), o xadrez é materia escolar
optativa que conta con programación propia e con carga lectiva dunha hora
semanal. . David
González é un dos docentes e adestradores do Club
Xadrez Ourense, entidade que en 2020 figurou como Club Deportivo con maior nº
de técnicos titulados en Galicia. Ata 10 entre adestradores e monitores,
titulados todos eles pola Federación Gallega, Federación Española ou pola FIDE. Ver
noticia - Faro de Vigo 16.2.21 Ver noticia - La Voz de Galicia 16.2.21 Ver
noticia - La Región 16.2.21 Ligas Individuais de Nadal 2020 Entre os días 21 e 29 de Diciembre celebráronse as ligas de Nadal organizadas por
Club Xadrez Ourense coa participación de cerca de 40 xadrecistas, divididos
en 5 grupos de nivel determinado polo seu ránking internacional. Quedou atrás o entreñable torneo
Aninovo Barrocás coas súas 33 edicións en 2019 naceu con brío o Open de
Allariz, e no 2020 quixemos atopar unha fórmula para que a afición a este
deporte nestas datas seguise viva, finalmente casi 40 xogadores de
procedencias tan dispares como Ourense, Madrid, Canarias, Valencia, Asturias
ou Portugal, configuraron o elenco de xadrecistas que arrancaron o torneo o
día 21. No grupo 1, unha agradable sorpresa
fixo que o todavía cadete de Club Xadrez Ourense, Marcos Vázquez, vencese por
encima de adversarios de maís experiencia como Óscar Salgado ou Martín Gomez
Carreño, e lograse o primeiro posto con 5.5 dos 7 en litixio. Mentres que no
grupo 2, Henrique Guimaraes obtivo o triunfo con 6 puntos dos 7 posibles,
para este xoven jugador de Portugal. Xa no grupo 3 merece mención a gran
acdtuación da xoven Alba Pérez Salgado, quen conseguiu pleno ao vencer nas 7
partidas disputadas. Os grupos 4 e 5, para os máis xóvenes,
tiveron como vencedores a Rubén Gavieiro e ao xovencísimo Daniel Manrique,
con 5 puntos de 7 e con 4 de 5, respectivamente. O Club organizador dispuxo trofeos
especiais para os tres primeros de cada grupo e premios para todos os
participantes, ademais de diferentes vales en material deportivo e
electrónico/informático para os mellores coeficientes de ránking
internacional. Información
sobre lugares, datas e horarios de recollida dos premios. Voz
de Galicia, 2 de Xaneiro (dixital) *** Éxito participativo do I Torneo “NADAL ONLINE en Ourense” Daniel Manrique e
Oscar Salgado, grandes vencedores do “I NADAL ONLINE 2020" O 19 de Decembro tivo
lugar a 1ª edición do “I Torneo NADAL ONLINE”, organizado polo Club Deportivo
Xadrez Ourense, coa
participación de cerca de
130 participantes con procedencias tan dispares como Madrid, Portugal,
Coruña, Asturias, Pontevedra e Ourense. O Torneo estivo dividido
en dous grandes grupos (mañá e tarde), e 6 categorías en litixio: na
categoría Sénior disputada pola tarde resultou vencedor Oscar Salgado López (maior da saga dos Salgado), mentres que en
Cadetes o seu compañeiro de Club no Xadrez Ourense, Marcos Vázquez conseguiu alzarse co triunfo. Pola súa banda o
Vigués Xulio del Prado venceu na
categoría Sub14 (infantil). Pola mañá disputouse
a cita para os máis xóvenes, destacando o espectacular triunfo de Daniel Manrique García (Xadrez
Ourense), que con tan solo 7 anos de idade venceu o torneo con 100% de
victorias por diante de xogadores de ata 5 anos maiores. Así, Daniel Manrique
ademais de vencer no torneo, alzouse tamén co triunfo Sub8, o madrileño Kevin Zhe foi o primeiro Sub10,
mentres que Marcos García (Xadrez
Ourense), conquistou o título Sub12. Ademáis dos Trofeos +
vales en material deportivo para os 30 galardonados, e dos trofeos
conmemorativos para
todos os participantes, a organización sorteou 20 importantes
regalos entre todos os participantes ao rematar o torneo, nun sorteo en
directo retransmitido pola canle de Facebook de Club Xadrez Ourense. No tocante a clubes,
destacaron os 19 podiums (sobre 30), logrados por Club Xadrez Ourense (incluindo 4 dos 6 ouros en litixio),
destacando tamén a boa actuación dos xadrecistas do Club Benchoshey (Pereiro
de Aguiar) que conquistaron 6 podiums dos 30 en liza. Ver
clasificación completa Senior, Sub16, Sub14 Ver
clasificación completa Sub12, sub10, Sub8 Ver
información sobre a recollida dos diferentes premios, obsequios e regalos. Ver nota de Prensa 22 de
Decembro (La Región) Ver nota de Prensa 21
de Decembro (La Voz de Galicia) Ver
nota de Prensa 21 de Decembro (Faro de Vigo) Ver información
completa, BASES e forma de Inscrición ** Club Xadrez Ourense, elexido mellor Club Absoluto da
provincia en 2020 O Xurado da Gala “+ Deporte – La
Región” decidiu cos seus votos nomear a Club Deportivo Xadrez Ourense como
mellor club absoluto da provincia no ano 2020. Todo un éxito para o noso club tendo
en conta que estamos nunha provincia que conta con máis de 700 clubs de casi
60 disciplinas deportivas. Club Xadrez Ourense fundouse en 2003
con 44 licenzas cun seu primeiro equipo en 2ª división autonómica, 17 anos
máis tarde contamos con máis de 250 licenzas e un primeiro equipo en División
de Honra Nacional para 2021. ¡Noraboa aos 252 socios deste club,
este premio é de todos e para todos! Ver imaxen
recollida do premio Ver nota de prensa
20 de Decembro Ver nota de
prensa 16 de Decembro (portada) Ver nota de
prensa 16 de Decembro II Ver
nota de prensa 16 de Decembro I Ver
nota de prensa 16 de Decembro – dixital II Ver
nota de prensa 16 de Decembro- dixital I Ver nota de prensa 15
de Decembro I ** Éxito participativo do “I Torneo – Outonos de Xadrez en
Ourense” O sábado día 31 de
Outubro tivo lugar a primeira edición do torneo de xadrez, da modalidade
online (unha das cinco recoñecidas polo CSD para xadrez), chamado “I Torneo Outonos de Xadrez en
Ourense”, organizado polo Club
Deportivo Xadrez Ourense, coa
colaboración do Consello
Municipal de Deportes do Concello de Ourense. Ata 130 participantes
de entre os 6 e os 70 anos de idade (entre eles dous Mestres titulados pola
FIDE ou a campiona de España Sub8), procedentes de clubes diferentes e con
procedencias tan dispares como Cataluña, Madrid, Portugal, Coruña, Pontevedra
e Ourense, déronse cita nunha emotiva xornada de deporte que por durante
moitos momentos fixo esquecer ao xadrez clásico de competición presencial. Un equipo de xuices,
desde o local de Club Xadrez Ourense (Ramón Cabanillas nº 10 entreplanta),
coordinaron toda actividade dos 130 participantes, “únicamente” con 4
ordenadores + 4 pantallas e 2 proxectores, desde os que puderon seguir,
arbitrar e rexistrar as
390 partidas de xadrez disputadas durante toda a xornada. O Torneo estivo
dividido en dous grandes grupos (mañá e tarde), e 6 categorías en litixio: na
categoría Sénior resultou vencedor o Santiagués Eloy Sixto, seguido do ourensán Martín Gómez Carreño e do Mestre
Internacional Vigués Rafael Rodríguez, xa en Cadetes houbo triplete ournsán,
conquistando o ouro Marcos Vázquez
Gómez, seguido de Xacobe Conde e de Laura Gómez. En infantís o triunfo
foi para o pontevedrés Xulio del Prado,
seguido do portugués Henrique Guimaraes e do ourensáns Benjamín Diéguez. No relativo ao torneo
dos máis xóvenes, hai que salientar o triunfo en Alevíns do Coruñés Iago Fernández, seguido dos ourensáns
Mateo Martínez e Marcos García, mentres
que en Sub10 (benxamín), conquistou o ouro o madrileño Kevin Zhe, escoltado
no pódio por Joel Cid e Luca González, xa en Prebenxamíns hai que destacar o
triunfo do xovencísimo ourensán Nicolás
Ibarra, seguido da campiona de España Sub8, Esther Ruiz, e completou o
pódio Daniel Manrique. Ademáis dos Trofeos +
vales en material deportivo para os 30 galardonados, e dos trofeos
conmemorativos para todos os
participantes, a organización sorteou 24 importantes regalos entre todos os
participantes ao rematar o torneo, nun sorteo en directo retransmitido pola
canle de Facebook do club organizador, regalos entre os que destacaron
bicicletas, tablets e ata 3 camisetas do 1º equipo do Club Xadrez Ourense
(recentemente ascendido á máxima categoría nacional), asinadas polo 7 veces
campión de España, Iván Salgado. No tocante a clubes,
hai que estar moi felices pola boa actuación dos xadrecistas “da terra” e
salientar os 14 podiums logrados polos deportistas de Club Xadrez Ourense, e
os 9 conquistados polos deportistas do Club Xadrez Benchoshey de Pereiro de
Aguiar, o que totaliza un total de 23 podiums entre estas dúas entidades
ourensanas sobre os 30 premios especiais que estiveron en disputa. Organizativamente,
Club Xadrez Ourense non descansa, e agarda repetir no próximo Nadal outra
nova cita para brindarlle aos xóvenes e non tan xóvenes xadrecistas ourensáns
a oportunidade de seguir practicando a súa paixon nestes difíciles momentos
de pandemia no que o xadrez presencial queda prácticamente limitado a probas
oficiais organizadas polas federacións e cunhas estrictas e polo tanto
“caras” medidas sanitarias, supervisadas polas consellerías correspondentes
dos gobernos autonómicos ou polo CSD. Ver
Clasificación completa e táboa de premios categorías Senior, Sub16 e Sub14 Ver
Clasificación completa e táboa de premios categorías Sub12, Sub10e Sub8 Ver
nota de prensa, (La Región, 3.11.2020 - I) Ver
nota de prensa, (La Región, 3.11.2020 - II) Ver
nota de prensa, (La Región, 3.11.2020- III) Ver
nota de prensa, (La Voz de Galicia, 4.11.2020) Ver
nota de prensa, (La Región dixital, 2.11.2020) Ver nota
de prensa, (Faro de Vigo dixital, 4.11.2020) Ver
Gañadores dos 24 premios do sorteo Ver retransmisión do sorteo no
seguinte enlace: https://www.facebook.com/102607237779793/videos/274572830586011 ** Club Xadrez Ourense “A”, subcampión de Liga en 1º
Nacional, ascende á División de Honra (En homenaxe, de todo o equipo, a Clemente Jiménez Aisa e Manuel
Villar Fernández )
Club Deportivo Xadrez
Ourense, accede á máxima categoría de xadrez español, a División de Honra,
tras ter acadado o subcampionato de Primeira División Nacional, na
competición rematada o pasado 9 de Outubro, unha Liga composta por 8
escuadras do toda a xeografía Española. Tras o ascenso desde
segunda Española en 2018, e despois do terceiro
posto acadado en 2019, (contra pronóstico xa que o obxectivo era a
permanencia), o Xadrez Ourense chegaba a esta liga neste complexo ano 2020,
con máis tranquilidade pero sen obxectivos exaxeradamente ambiciosos. Un conxunto cunha
columna vertebral ourensana de “pura cepa” de Ourense, con Iván Salgado como
xefe de filas, os irmáns David e
Adrián Gómez Diéguez ou o moi novo Martín Gómez Carreño, todos eles como
parte fundamental do sexteto titular, apoiados polo gran mestre italiano
Sabino Brunello, o G.M. coruñés David Lariño, o M.F. Luso Luis Silva ,a
Hispano-Cubana e Ourensana de adopción Yudania Hernández, xunto cun tridente
de veteráns que nin siquer foi necesario facer “debutar”, (José Saavedra,
Elías Gónzalez e Andrea Hernández), foron os principais artífices dun
subcampionato de Liga que representa un histórico ascenso par Ourense e para
o noso deporte. Un Sprint final
axustado, entre tres equipos, o Barberá catalán de Barcelona, o
puxante Fontecarmoa - Sanxenxo “Inter Rías” e Club Xadrez Ourense, deixou
momentos de gran emoción na última xornada, os tres equipos gañaron os seus
respectivos matches pero o mellor coeficiente de
desempate dos ourensanos (puntos parciais en cada taboleiro), significou o
subcampionato e o definitivo ascenso. Así, o poderoso Sestao de Bizkaia
(Campión) e o Xadrez Ourense Club formarán parte do selecto grupo de 8
mellores equipos do país en 2021. Foi especialmente
destacable a actuación dos xadrecistas ourensáns que tiveron sitio no sexteto
titular, xa que entre Iván Salgado, Adrián e David Gómez Diéguez e Martín
Gómez Carreño acadaron nada menos que 14,5 puntos dos 24 totais do equipo
(máis do 60%). Por segunda vez na
historia do xadrez español un equipo galego accede á máxima categoría
nacional, é salientable o gran protagonismo que tivo Xadrez Marcote de
Mondariz Balneario anos atrás e que permaneceu varias tempadas na elite
española, agora é a quenda dun conxunto de OURENSE. Ver noticia, 3.11.2020 (La
Región) Ver
noticia 18.10.20 (Voz de Galicia) Ver noticia 18.10.20 (La Región) Ver noticia 13.10.20 (La Región) Ver noticia 12.10.20 (Faro de Vigo) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Voz de
Galicia) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Región) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Vanguardia) Ver nota de prensa 10.10.2020 (El
Correo Gallego) Ver nota de prensa 10.10.2020 (Faro de Vigo) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Voz de Galicia - dixital) Ver nota de prensa 10.10.2020 (La Región –
dixital) Ver nota de prensa 10.10.2020 (Faro de Vigo –
dixital) Reportaxe
Foto-Musical completo Liga Nacional de Clubs 2020 ** Curso de xadrez 2020
- 2021 (11.10.2020), A Escola de Xadrez Ourense inicia o curso 2020 / 2021 definitivamente, o vindeiro LUNS 19 de Outubro, (Salvo que a situación mellore
rápidamente para o Concello de Ourense, comenzaremos
en todos os grupos de forma ONLINE, pasando a presencial en cuanto sexa
posible). Ver
Comunicado Informativo (5 de Outubro 15.00 horas) En todo caso lembrámosvos
a todas as familias que tras as reformas realizadas para adaptación do local
e a elaboración do noso protocolo (supervisado e aprobado por Concello de
Ourense e Xunta de Galicia con data 22.9.2020), que en cuanto a
situación, a normativa e o sentido común o permitan e aconsellen, pasaremos
ás clases presenciais. Ver
táboa informativa completa de grupos e horarios, curso 2020 – 2021 Ver vídeo
promocional curso de xadrez 2020/2021 Protocolo completo Club Xadrez Ourense,
Curso de Xadrez 2020-2021 Ver Protocolo en formato
COMIC Certificación
Concello e Xunta de Galicia – protocolo Escola Xadrez Ourense Curso 20-21 (cubrir e
enviar por email), Declaración
responsable volta aos adestramentos deportivos, (formato pdf) *** *Ver información completa sobre
as clases de xadrez en Colexios, (Centros, asociacións, etc…) *Ver lista
completa informativa sobre as titulacións
dos nosos monitores e
adestradores. Iván Salgado (Ourense 1991), Bronce Nacional Absoluto
2020 Iván Salgado, un ano
máis na elite española do xadrez, consegue o Bronce Nacional.
O Gran Mestre Iván Salgado,
(Ourense 1991), un ano máis rematou entre os mellores de España no campionato
nacional absoluto celebrado en Linares entre o 31 de agosto e o 8 de
setembro, con todos os medidas sanitarias dispostas pola Federación Española.
O xefe de filas do Club Xadrez
Ourense, incluso liderou o torneo en solitario despois da sexta xornada, pero
tivo que pagar un alto prezo ao non poder defender unha posición moi delicada
con pezas negras na penúltima xornada contra o hispano-letón Alexey Shírov,
feito que impediu a Iván poder loitar o primeiro posto na derradeira xornada. A pesar diso, e despois da súa
pelexada vitoria contra o Mestre Internacional de Euskadi Iñigo Angardoña na
última xornada, puido rematar no 3º posto, obtendo o bronce nacional,
igualando o metal do pasado ano 2019. Iván, que comezou o seu particular
botín de metais nacionais en 2001 en Oropesa de Mar cun subcampionato
nacional individual sub-10, mentres que o ano seguinte xa acadou o ouro en
Formigal (Huesca), no seu primeiro ano de sub-12, en total, ten acumulado en
todos estes anos, ata sete ouros nacionais, en practicamente todas as categorías, incluídas as dúas da categoría
absoluta. O próximo compromiso de Iván, se a
situación o permite, será co Club Xadrez Ourense no próximo mes de outubro,
para liderar ao equipo ourensán no seu segundo ano na poderosa Primeira División
Nacional. Tamén destaca a positiva actuación do
aínda xuvenil Martín Gómez Carreño,
compañeiro de Iván no Club Xadrez Ourense, que logrou uns respetables 5
puntos, no que foi o seu primeiro Campionato de España sénior. Pola súa banda, o Club Xadrez Verín,
tamén estivo dobremente representado neste evento, por unha banda co
santiagués Luis Marcos Medarde, (Mestre FIDE), que acadou 5,5 puntos, mentres
que o mozo Verinense Tristán Alonso, obtivo 2 puntos. Nota de
prensa, (La Región, 9 de Setembro) Nota de
prensa, (La Voz de Galicia, 9 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 8 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 7 de Setembro) Nota de
prensa, (Faro de Vigo, 9 de Setembro) Nota de
prensa, (La Región, 6 de Setembro) Nota de
prensa, (La Voz de Galicia, 6 de Setembro) Nota de
prensa, (Faro de Vigo, 6 de Setembro) Nota
de prensa, (Agencia EFE, 6 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 5 de Setembro) Nota
de prensa, (La Región dixital, 5 de Setembro) Nota
de prensa, (La Voz de Galicia dixital, 1 de Setembro) Campionatos de España
Individuais por idades 2020 Considerable
embaixada Ourensana, nesta difícil tempada deportiva 2020 Martín Gómez, Laura Gómez, Xacobe Conde, Marcos Vázquez, Iván
Dopazo e Daniel Manrique (representantes do Xadrez Ourense nos nacionais de
idades 2020) Os Campionatos de España individuais por idades da tempada 2020,
que arrancaron o 15 de Xullo e que se alongaron ata o 23 de Agosto na granadina localidade de Salobreña, contaron
cunha ampla representación da nosa provincia, (considerando as especiais
dificultades motivadas pola crise sanitaria). Un total de 9 participacións
dos nosos xóvenes xadrecostas, dentro das categorías sub-8, sub-12, sub-16 e
sub-18, e pertencentes a 3 clubes da nosa provincia, (Xadrez Ourense,
Benchoshey de Pereiro de Aguiar e Xadrez Verín), completaron a embaixada da
nosa provincia nunha edición 2020 dos nacionais individuais fortemente
marcada polo estricto control sanitario desplegado durante toda a competición
para dar cumprimento a un protocolo moi riguroso disposto pola Federación
Española e coa supervisión do Consello Superior de Deportes. En Sub18, hai que salientar os 5 puntos de Martín Gómez Carreño (Xadrez
Ourense), que o levaron (no seu ano “malo” xa que todavía é sub-17) a
compartir o posto 27º, mentres que Laura
Gómez Carreño (Xadrez Ourense), rematou compartindo o posto 71º con 3.5
puntos. En Sub16 foron ata 4 os xóvenes ourensáns
que viaxaron ata terras Granadinas, Xacobe Conde Riveiro (Xadrez
Ourense) con 4.5 puntos rematou 54º, Marcos
Vázquez Gómez e Iván Dopazo
Vázquez, (ambos Xadrez Ourense) remataron con 4 puntos, nos postos 67º e
80º respectivamente, mentres que Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), con
3.5 puntos rematou 89º. En Sub12 Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey de
Pereiro de Aguiar), finalizou no posto 42º con 4.5 puntos. As mellores noticias para o Xadrez Ourensán
chegaban de mans dos máis xóvenes, xa que en categoría Sub-8, Laura Diéguez
Nóvoa, (Benchoshey – Pereiro de Aguiar), rematou 3ª de España feminina,
rematando nun sensacional 14º posto de entre os 58 participantes. Pola súa
parte, o xovencísimo, Daniel Manrique García (Club Xadrez Ourense), conquistou
un excelente 22º posto da xeral, e o máis salientable é que rematou 4º de España “Sub-7”, xa que
en 2021 todavía manterá a categoría Sub8, ao ter nacido en 2013. O Campionato de España Individual Sénior,
que se disputará en linares (Jaén) entre os días 31 de Agosto
e 8 de Setembro, xa ten confirmada tamén representación ourensana, polo
momento xa están confirmadas as participación do mellor xuvenil da provincia
e catro veces campión galego individual, Martín
Gómez Carreño e do sete veces campeón de España individual, o Gran Mestre Iván Salgado, ambos
compañeiros no Club Xadrez Ourense. Pese ao máis que lóxico baixón en cuanto á participación
dos nosos xadrecistas con respecto ás últimas tempadas, hai que destacar que Club Xadrez Ourense volve, un ano máis, a
situarse na vangarda de Galicia (Xunto co Club Xadrez Fontecarmoa de
Vilagarcía) no referente ao número de
xadrecistas enviados aos ctos. nacionais individuais entre todas as categorías. Ver clasificación cto. De
España Sub-18 Ver clasificación cto. De España
Sub-16 Ver
clasificación cto. De España Sub-8 Ver
nota de prensa, (La Región, 25 de Agosto), II Ver
nota de prensa, (La Región, 25 de Agosto), I Ver nota
de prensa, (La Voz de Galicia, 25 de Agosto) Olimpiada de países
“online” - 2020 Yudania
Hernández, (en primeiro término), convocada coa Selección Española Yudania Hernández Estévez, Mestra
Internacional do Club Xadrez Ourente, contribuiu ao éxito da Selección
Española na Olimpiada de países “online” disputada desde mediados ata o 23 de
Agosto, evento no que España rematou nun moi
positivo 5º posto, únicamente por detrás dos grandes favoritos, Azerbaiján,
Hungría, Ucraína e Kazajistán. Yudania contribuiu cos seus puntos para a
clasificación esañola, como así o ratificaron as súas victorias parciais ante
as representantes de Estonia e Jordania. Ver
Clasificación da Olimpiada 2020. Ver nota de prensa III, (La
Región, 19 de Agosto) Ver nota de prensa II,
(Faro de Vigo, 18 de Agosto) Ver nota de prensa I, (La Voz de
Galicia, 18 de Agosto) Campionatos de España Individuais por idades, 2020 Daniel
Manrique García, (Club Xadrez Ourense), 4º de España sub-7, en 2020 Os Campionatos de España individuais
2020, que arrancaron o 15 de Xullo e que se alongarán (si a situación o
permite), ata finais de Agosto (disputándose unha categoría por semana),
tiveron un positivo inicio para os xóvenes xadrecistas ourensáns hai que remarcar o moi
positivo inicio dos representantes ourensáns. A granadina localidade de
Salobreña acollía entre os días 15 e 19 de Xullo a primeira das categorías (a
Sub8), na que dous xóvenes representantes ourensáns tomaron parte e con moi
positiva actuación. Laura Diéguez Nóvoa,
(Benchoshey – Pereiro de Aguiar), rematou 3ª de España feminina, rematando
nun sensacional 14º posto de entre os 58 participantes. Pola súa parte, o
xovencísimo, Daniel Manrique García
(Club Xadrez Ourense), conquistou un excelente 22º posto da xeral, e o
máis salientable é que rematou 4º de
España “Sub-7”, xa que en 2021 todavía manterá a categoría Sub8, ao ter
nacido en 2013. ¡Noraboa! Ver
Clasificación Cto. De España Sub-8 Ver nota de prensa, (La
Región, 21 de Xullo) Ver nota de prensa, (Faro de
Vigo, 21 de Xullo) Remate dos autonómicos 2020 con sabor a bronce para os
xadrecistas de Club Xadrez Ourense M.F. David Gómez vs. Martín Gómez (compañeiros no Xadrez Ourense “A”,
e participantes no autonómico sénior 2020) Padrón acollía a derradeira proba dos campionatos
autonómicos individuais 2020, (a categoría sénior), anteriormente a terra
de Rosalía de Castro tamén acolleu as categorías Sub18 e Sub14 (febreiro) e
máis recentemente as categorías Sub8 e Sub10 (4 e 5 de Xullo) e as categorías
Sub12 e Sub16 (10 e 11 de Xullo). Nesta última categoría, Sénior, o
máis salientable foi o rotundo triunfo do Gran Mestre natural do Barbanza e
que dende hai dúas tempadas milita nas ringleiras do Club Xadrez Verín, David
Lariño Nieto, que contou as súas 7 partidas por triunfos. Tamén hai que
destacar o bronce compartido do Mestre FIDE Santiagués Luis Medarde (que
tamén milita no Xadrez Verín desde inicios de 2019) así como do M.F. Ourensán
David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense). Este último bronce compartido logrado en
categoría Sénior de David Gómez (Xadrez Ourense), unido aos pódiums
conseguidos anteriormente por Martín Gómez Carreño en febreiro (en sub18),
Pura Diéguez Nóvoa do Benchoshey (2ª feminina en Sub14, tamén en febreiro), o
“triplete” feminino en Sub-8 para Ourense, con Laura Diéguez do Benchoshey
(1ª feminina), Clara Montero, tamén do Benchoshey (2ª feminina) e Candela
Lorenzo do Xadrez Ourense (bronce feminino), ademáis do bronce de Escarlata
Alonso do Xadrez Verín (3ª fémina en Sub10), e do logrado por Pura Diéguez do
Benchoshey en Sub12 (3ª fémina), Xunto cos bronces logrados respectivamente
en Sub-16 por Iván Dopazo do Xadrez Ourense e pola súa compañeira de club
Laura Gómez (3ª feminina, tamén en Sub16), fixeron que a tempada 2020 tivese
un predominante “tono bronceado” no tocante aos pódiums logrados por os
xadrecistas ourensáns. En suma, e tendo en conta todos os pódios
autonómicos individuais logrados por xadrecistas pertencentes a Clubes
ourensáns durante 2020, obtívose un positivo balance final con 2 ouros, 2
pratas e 8 bronces. Un total de 12 metais para os xadrecistas dos Clubes
ourensáns, repartidos entre Xadrez Ourense, Benchoshey e Xadrez Verín.
Resulta máis que salientable que nunha tempada 2020 marcada pola crise
sanitaria do COVID 19, o Club Deportivo Xadrez Ourense lograse enviar ata 30
deportistas aos campionatos Galegos individuais, entre todas
as categorías. Ver
clasificación Cto. Galego Sénior 2020 Ver nota de
prensa, (La Región, 28 de Xullo) Ver nota de
prensa, (La Voz de Galicia, 21 de Xullo) ** Xadrez Ourense, Club máis participativo de Galicia, nos
autonómicos de Xullo en Padrón Cun total de 20 participacións sobre 115 totais, nas
categorías S16, S12, S10 e S8 Os días 10 e 11 de
Xullo, dentros dos Campionatos Galegos de Xadrez 2020, tiveron lugar as
categorías S16 e S12 na coruñesa vila de Padrón, dentro dunha edición
excepcional destes campionatos autonómicos individuais por idades, que xa
acolleran no fin de semana anterior, os días 4 e 5 de Xullo, ás categorías
Sub8 e Sub10. a Federación Galega de
Xadrez traballou arreo nas últimas semanas man a man coa Secretaría Xeral
para o Deporte, para desenvolver un detallado protocolo sanitario e deportivo
e deste xeito poder organizar, coas maiores medidas de seguridade para os
deportistas, unha edición 2020 dos autonómicos individuais de xadrez para as
categorías Sub8, Sub10, Sub12 e Sub16, (as categorías Sub14 e Sub18 xa foran
disputadas en Febreiro, antes da crise sanitaria). As catro categorías
mencionadas reuniron en Padrón a un total de 115 xóvenes (algo menos dun 40%
das cifras habituais nas últimas tempadas), representantes de parte dos 92
clubes galegos existentes. Club Deportivo Xadrez Ourense, presentou, xunto con tres
adestradores, ata 20 participantes entre as 4 categorías, o que converteu á entidade
ourensana na máis participativa de Galicia nestos ctos. Galegos 2020. Tamén hai
que destacar a ampla prensenza de Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar con 8
participantes, nestos autonómicos nos que tamén estiveron presentes outros
clubes da nosa provincia, como Universitario de Ourense, Xadrez Verín ou o
Academia Postal. A categoría Sub16 foi
a que máis alegrías proporcionou para Ourense, xa que Iván Dopazo Vázquez e Laura Gómez Carreño (ambos cadetes de 1º
ano e compañeiros no Club Xadrez Ourense), lograron sendos bronces (na
clasificación xeral e na clasificación feminina, respectivamente), o que lles
da a praza directa para o nacional e Granada o vindeiro agosto. É destacable a
presenza de ata 4 ourensáns entre os 10 primeiros Sub-16, Iván Dopazo do Xadrez Ourense (3º),
Xacobe Conde do Xadrez Ourense (6º), Miguel Reza do Universitario (7º) e
Marcos Vázquez, tamén do Xadrez Ourense (9º). Mención aparte merece Xacobe
Conde Riveiro (6º da xeral finalmente), pero que disputou unha moi intensa
partida na última rolda ante o coruñés Claudio Reboredo (finalmente campión),
unha partida que Xacobe estivo a piques de gañar en varios momentos e que de ser así, houbese representado o primeiro posto para
o xoven ourensán. Dentro da categoría
sub12 o máis salientable foi o bronce feminino de Pura Diéguez Nóvoa
(Benchoshey de Pereiro de Aguiar), o que tamén lle otorga praza directa para
os nacionais de Andalucía. Tamén foron dignas de mención en Sub12 as
actuacións de Laura Diéguez (Benchoshey) e de Alejandro Fidalgo (Xadrez
ourense), ambos con 3 puntos conseguidos. Ver nota de prensa, (La
Región, 14.7.2020) Ver nota de prensa, (Faro de
Vigo, 14.7.2020) Ver nota de prensa, (La
Región, 10.7.2020) Ver clasificación completa Sub16 Ver clasificación completa Sub12 ** Xadrez Ourense, Club
máis participativo no autonómico S8 e S10, disputado en Padrón os días 4 e 5
de Xullo Os días 4 e 5 de
Xullo tivo lugar unha excepcional edición dos campionatos autonómicos
individuais das categorías Sub8 e Sub10, a Federación Galega de Xadrez
traballou arreo nas últimas semanas man a man coa Secretaría Xeral para o
Deporte, para desenvolver un detallado protocolo e deste xeito poder
organizar, coas maiores medidas de seguridade para os deportistas, unha
edición 2020 dos autonómicos individuais de xadrez para as categorías Sub8 e
Sub10, (o vindeiro 10 e 11 de Xullo terán a súa cita os Sub12 e Sub16). Con medidas
excepcionais concretas relativas ao deporte do xadrez (mesas separadas,
mascarilla obrigatoria durante a competición, emprego continuado de hidroxel
por cada participante, evitar o saúdo de mans ao principio e ao final de cada
partida, NON presencia dos adestradores nin de público na sala de
competición, medidas de temperatura de todos e cada un dos participantes
antes das partidas, continua desinfección de pezas, etc…), logrouse levar a
cabo esta edición 2020 dos autonómicos para os máis xóvenes, non obstante e
como era lóxico a participación viuse reducida a un 40 % en comparación coa
pasada edición. Con estos datos á
vista, 42 xóvenes procedentes de “solamente” vinte dos 92 clubes galegos
existentes, déronse cita na vila de Rosalía de Castro para disputar estas
probas claisificatorias de cara aos nacionais de Granada 2020. Club Deportivo Xadrez
Ourense (1 dos 92 clubes de xadrez de Galicia), presentou, xunto con tres
adestradores, ata 10 participantes dos 42 totais (prácticamente unha cuarta
parte da participación total). Tamén foi salientable
a embaixada enviada por Club Benchoshey de Pereiro de Aguiar con 5
participantes. Tamén estiveron presentes o Club Xadrez Verín e Academia Postal. Dentro da categoría
sub10 os ourensáns máis destacados foron Antón Lorenzo (que en 2019 rematara
subcampión galego) e Marcos Varela, ambos do Club Xadrez Ourense. Mentres que na
categoría dos máis pequenos, os sub8, os ourensáns máis destacados foron
Laura Diéguez (Benchoshey), que rematou 5ª da xeral e primeira clasificada
feminina, Aroi Fernández (Academia Postal) e Daniel Manrique (Xadrez
Ourense), que tamén remataron entre os 10 primeiros. Ver nota de prensa, (La
Región, 7.7.2020) Ver nota de prensa, (Faro de
Vigo, 7.7.2020) Ver nota de prensa, (Voz de
Galicia, 8.7.2020) Ver clasificación completa Sub10 Ver clasificación completa Sub8 ** Iván
Salgado xa está en semifinais do individual iberoamericano 2020. O
martes 7 de xullo superou por 5-7 ao G.M. brasileiro Alexander Fier O xefe de filas do Club Xadrez Ourense
dende 2017, Iván Salgado, é un dos 64 Mestres de 23 países de Iberoamérica
que o 25 de maio comezou o Campionato Iberoamericano de xadrez rápido, que se
xoga en liña (Cada xogador de xadrez compite, supervisado pola organización
desde un estudo preparado para o propósito da competición, todo emitido en
internet e comentado por especialistas para miles de fans de todo o planeta) O particular camiño de Ivan
(competindo desde o seu estudo en Berlín, onde está asentado dende setembro
pasado), comezou a finais de maio cando nos trintaedousavos de final venceu
ao mestre internacional cubano Marck Machín por un claro 4-1. Máis tarde e xa na rolda de
dezaseisavos, Iván tivo o difícil obstáculo do prestixioso Gran Mestre
brasileiro Gilberto Milos (un rival con moita experiencia en competicións
internacionais nas dúas últimas décadas), pero Iván mostrou un xadrez moi
dinámico e preciso, o que lle valeu ao ourensán un contundente 5-0 a favor,
que o catapultou ata os oitavos. Na rolda de oitavos de final, un
vibrante encontro que se decidiu na última partida, enfrentou a Iván contra un dos favoritos, o madrileño David Antón Guijarro, que
hoxe e xunto con Paco Vallejo, Manuel Candelario, Alexey Shírov e o propio
Iván Salgado, conforma a selección española absoluta. Tras unha emocionante 13ª e última
partida, Iván levouse o match por un axustado 7 a 6. Chegaron os cuartos de final ante o
gran mestre carioca, Alexander Fier, Iván comezou "arrasando" cun
xogo moi alegre e ofensivo ao seu rival e situouse con 1 a 5 a favor, pero a
reacción do brasileiro foi igual de contundente e logrou igualar (5-5). Iván tirou de experiencia e serenidade
nese momento crítico, e tras un pequeno descanso antes da undécima partida,
sentouse novamente ante o taboleiro concentrado e volveu ao brillante xogo
que lucí unas primeiras partidas, e cun parcial de 0 a 2 ao seu favor,
colocou o 5 a 7 final que o catapultou ás semifinais. Agora agardan as
semifinais ante o o forte grande mestre Eduardo Iturrizaga (Venezuela). VER INFORMACIÓN OFICIAL
DO TORNEO Ver prensa relacionada, (Faro de Vigo, 9 de Xullo) Ver prensa relacionada, (Voz de Galicia, 8 de Xullo) Ver prensa relacionada, (La Voz de Galicia, 3 de
Xullo) Ver prensa relacionada, (La Región, 3 de Xullo) Ver prensa relacionada, (Faro de Vigo, 3 de Xullo) ** Hemeroteca, “La
Región”, recolle estos días (7.7.2020), o Récord de simultáneas de 2001, na rúa do
paseo Dous “xóvenes” xadrecistas do noso club,
protagonizaron aquel episodio. En xullo de 2001, Xesús Miguel Conde e Elías
González enfrentáronse a 64 rivais, un por cada casiña do taboleiro, (non
foron 34 como recolle erróneamente o artigo), un daqueles rivais era un
xovencísimo Iván Salgado, que contaba 9 anos por entonces. Ambos xadrecistas
ourensáns batiron o que daquela foi o primeiro récord de Galicia de
simultáneas cronometradas. No anecdotario quedan
imaxes que lembran as carreiras (literais) por entre as mesas, para poder
chegar a tempo a todos os taboleiros sin consumir o tempo establecido. Finalmente a proba foi conseguida ao superarse o 66% de
victorias finais, de entre os 64 puntos posibles. Ano e medio máis tarde,
(2003), fundábase, moi cerca daquel escenario (Rúa do Paseo nº 30) o Club
Deportivo Xadrez Ourense, que agora conta xa 17 anos de idade. Ver
nota de prensa (La Región, 7 de Xullo de 2020) ** Torneo “Fin de Curso 2019-2020” (13 de Xuño) “Xaque Mate ao Coronavirus” (1ª Copa Maristas Ourense – “online”) |