|
|
Actualizado – 12 de Xaneiro de 2012 |
NOTICIAS
E ACTUALIDADE DO XADREZ OURENSÁN |
www.xadrezourense.com SECCIÓNS |
|
. PROXIMOS
TORNEOS
NOSOS EQUIPOS
ESCOLA DEPORTIVA (En breve dispoñible)
ESCOLAS DE BASE (En breve dispoñible)
ACTIVIDADES ANUAIS (En Breve disponible)
|
Campionatos Provinciais sub-18 e sub-14 Terá
lugar o Domingo día 29 de Xaneiro nos locais da Asociación Olimpo, valedeiro
para o cto. Galego 2012 que si disputará nas datas de Entroido en Padrón.
Inscrición aberta no email traxerxadrez@hotmail.com.
Organiza Club Deportivo Xadrez Ourense. En xogo - Liga Galega de Clubs (Xaneiro-Abril 2012) Na
segunda rolda disputada o 21 de Xaneiro o Club Xadrez Ourense “A” de División
de honra, arrancou 1,5 puntos ao poderoso Marcote pontevedrés. En Primeira
división o Xadrez Ourense “C” derrotou por 4-0 ao Fischer de Moaña o que lle
permite ós ourensáns situarse líderes da categoría, mentres que o Xadrez
Ourense B cae ante Chantada por 1-3,
nunha xornada na que hai que salientar o retorno ós taboleiros de Daniel
López e Juan José Gil, ambos con residencia en Vigo, na actualidade, nesta mesma categoría o Universitario de
Ourense venceu por 3-1 ao Alekhine Vigués, así como destacar a victoria da
Peña xadrecista en Celanova por 1-3, no derbi provincial. Xa na Segunda
División nova victoria do Xadrez Ourense “E” por 3-1 ante o Ateneo de Ourense
o que sitúa a este xoven equipo nas primeiras plazas, pola súa banda o Xadrez
Ourense “D” cae ante Chantada “Deportes Jamex” por 0,5 a 3,5, nesta mesma
categoría o Casa da Xuventude “A” derrotou ao Fontecarmoa “Dep. Rodas” por
3-1 e, pola súa banda o Xadrez Loureiro “A” derrotou ao Ponteareas por 2,5 a
1,5.
Xadrez
Ourense “A” de División de Honra ante C.A. Marcote Galería de Imaxes liga galega de clubs 2012 VER INFORMACIÓN COMPLETA LIGA
GALEGA DE CLUBS 2012 Recoñecimento ós Subcampións de España de Clubs 2012 O
Sábado día 14 de Xaneiro e coincidindo coa 1ª xornada da liga galega de clubs
tivo lugar na sala de xogo de Barrocás un bonito acto de recoñecimento ós
integrantes do equipo subcampión de España xuvenil de Clubs composto por
David Gómez, Martín Arellano, Sergio Blázquez, Adrián Gómez e David Vázquez.
Asimesmo entregóuselle unha bonita placa de recoñecimento ó Adestrador Elías
González. Fernando Sánchez Aller, que actuou como adestrador en Benidorm
estivo presente no acto de entrega de obsequios conmemorativos.
Este premio é de todos e para todos os que compoñen a familia
de Xadrez Ourense XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”
David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense)
Vencedor do Aninovo Barrocás 2012 “II Memorial Manuel Villar”. O empate na derraderia
rolda frente o campión da pasada edición Alejandro de León foi suficiente
para que David Gómez se proclamase vencedor a pesar de que seu compañeiro de
Club, Alfonso Agra, finalmente subcampión, tamén conqueriu 6 puntos, os
mesmos que David. O pódio Absoluto foi completado por Alejandro de León,
Jorge Fernández e José Luis Saavedra, todos eles do Club Xadrez Ourense. A
victoria sub-2000 foise para as vitrinas de Breixo Gómez do club Peña
Recreativa (6º da xeral), o triunfo xuvenil para Javier Martínez Vecillas do
Xadrez Ourense (4º da xeral) e o ouro cadete para Brais Gerpe Vilas (Casa da
Xuventude). Os premios de Beleza e galeón pirata foron para Joaquín Bello e
para Gustavo Hernández, respectivamente. Nota de Prensa XXV (La Región 10 de Xaneiro
III) Nota de Prensa XXV (La Región 10 de Xaneiro II) Nota de Prensa XXIV (La Región 10 de Xaneiro I) Nota de Prensa XXIII (La Región 9 de Xaneiro) Nota de Prensa XXII (La Voz de Galicia 6 de
Xaneiro II) Nota de Prensa XXII (La Voz de Galicia 6 de
Xaneiro) Nota de Prensa XXI (La Región 6 de Xaneiro
III) Nota de Prensa XX (La Región 6 de Xaneiro II) Nota de Prensa XIX (La Región 6 de Xaneiro) Nota de Prensa XVIII (La Región 3 de Xaneiro) Nota de Prensa XVII (La Región 3 de Xaneiro) Nota de Prensa XVI (La Región 27 de Decembro) Nota de Prensa XV (La Región 26 de Decembro) Nota de Prensa XIV (La Voz de Galicia 29 de Decembro) Nota de Prensa XIII (Faro de Vigo 29 de Decembro) Nota de Prensa XII (Faro de Vigo 27 de Decembro) Nota de Prensa XI (La Voz de Galicia 27 de
Decembro) Nota de Prensa X (La Voz de Galicia 26 de
Decembro) Nota de Prensa IX (La Región 27 de Decembro) Nota de Prensa VIII (La Región 26 de
Decembro) Nota de Prensa VII (La Región 26 de
Decembro) Nota de Prensa VI (La Región 24 de Decembro) Nota de Prensa V (La Región 27 de Decembro
– Portada) Nota de Prensa
IV (La Región Digital 27 de Decembro) Nota de Prensa III (Faro de Vigo 22 de
Decembro) Nota de Prensa II (La Voz de
Galicia 22 de Decembro) Nota de Prensa I (La Región 22 de Decembro) Galería de Imaxes I (Inauguración do torneo) Galería de Imaxes II (Participantes) Galería de Imaxes III (Entrega de
premios e Clausura) Galería de Imaxes IV (Selección de
Imaxes da competición) CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (Word) Información completa en chess-results Aninovo
Barrocás 2012 – Torneo Infantil, Alevín, Benxamín e Promesas O Venres
día 30 de Decembro tivo lugar nos locais da A.V. de Barrocás o torneo para as
categorías dos máis xóvenes, un evento que reuniu a 131 participantes das 4
provincias galegas e que supuxo un novo éxito de participación e de
organización baixo a dirección técnica do Club Xadrez Ourense. Numerosos
premios e regalos foron entregados entre os participantes así como 30 balóns
asinados polo subcampión do mundo sub-18 Iván Salgado López. Os primeiros
clasificados foron Xurxo Gerpe (s8), Martín Fernández (s10), Angel Dominguez
(s12) e Miguel Ferreiro en Sub-14.
Galería de Imaxes
da competición Galería de Imaxes dos premiados
Copa
Deputación por equipos 2011 Nove conxuntos
déronse cita na Copa Deputación por equipos 2011 nos locais da A.V.Olimpo de
Ourense. O conxunto vencedor foi o Liceo de Ourense, seguido do Xadrez
Ourense B e do Casa da Xuventude A. No plano Individual Martín Gómez foi o
vencedor sub-8, Xurgo Gerpe o gañador sub-10, Brais Gerpe impúxose en Sub-12,
Adrián Gómez en sub-14, David Gómez en Sub-16 e Amando de Sousa en Senior
dentro dunha cita na que tomaron parte máis dunha cincuentena de xadrecistas
de Ourense e provincia. Ver
Clasificación por categorías Club Xadrez Ourense Subcampión de España de Clubs Sub-16 2011
Do 6 ó
11 de Decembro disputouse en Benidorm (Alicante) o campionato de España de
Clubs de categoría Sub-16. Ata 24 Clubs representantes de toda a xeografía
nacional disputaron esta importante competición. O Club Xadrez Ourense que
partía como número 8 de ránking inicial realizou unha magnífica competición e
acadou un sensacional Subcampionato de España tras manter unha liña moi
regular de actuación batindo a equipos teóricamente superiores como Sabadell
ou Vallecas, chegando así á última xornada coas súas posibilidades intactas
fronte ó forte equipo Cántabro de “Solvay”, conxunto que nada pudo facer ante
a os ourensáns que venceron por 3,5 a 0,5 ratificando deste xeito o seu
merecido subcampionato. O equipo estivo composto por David Gómez Diéguez,
Martín Arellano Pardo, Sergio Blázquez Criado, Adrián Gómez Diéguez e Daviz
Vázquez Gómez. Asimesmo disputáronse en Benidorm outras importantes
competicións paralelas nas que tomaron parte varios dos nosos xadrecistas. No
Open Internacional Sub-2300 Fernando Sánchez Aller rematou en 18º lugar,
mentres que no Open Internacional Sub-2000 Samuel Cruz Guerra e Martín Sabuz
Forneiro finalizaron superando as expectativas iniciais por ránking. Ademáis
o M.F. do Xadrez Ourense, Fernando Sánchez, resultou vencedor no Open
internacional de xadrez rápido disputado entre o 8 e o 9 de Decembro. CLASIFICACIÓN CAMPIONATO DE ESPAÑA
DE CLUBS - 2011 CLASIFICACIÓN OPEN INTERNACIONAL SUB-2300 CLASIFICACIÓN OPEN INTERNACIONAL SUB-2000 Información
pormenorizada Campionato de España de Clubs (Chess-Results) Nota de Prensa I (La Región 13 de Decembro) Nota de Prensa II (Faro de Vigo 13 de Decembro) Nota de Prensa III (La Voz de Galicia 12 de Decembro) Nota de Prensa IV (La Voz de Galicia 14 de
Decembro) Campionato
Zonal Absoluto 2011-12 A XXI edición do campeonato aberto zonal absoluto disputouse
entres os días 3 e 11 de Decembro nos locais da A.V.V.Olimpo, baixo a
organización do Club Xadrez Loureiro. O torneo constou de 6 roldas e o
liceísta Joaquín Bello resultou o primeiro clasificado. Información
actualizada e resultados Historial
de gañadores das 20 primeiras edicións Boa
clasificación de Gabriel Roma Barge en Ferrol O
xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense desplazouse a terras ferrolanas para
disputar do 2 ó 4 de decembro o torneo “III Open P. Allegue”, no que tomaron
parte 60 xadrecistas, 40 deles con elo FIDE. Gabriel rematou empatado no 9º
lugar (13º) con 4 puntos nun torneo no que partía como nº 22 de ránking,
ademais de subir 7 puntos de ránking. David Gómez Diéguez acada o 6º lugar en Ferrol O torneo “Casino de Franza”, disputado en terras ferrolás
entre os días 25,26 e 27 de Novembro contou coa presenza do xoven xadrecista
do Club Xadrez Ourense David Gómez Diéguez que rematou no 6º lugar mantendo
intacto o seu ránking elo malia ceder na 4ª rold ante o campión final Daniel
Pousada (Coruña) O Club Xadrez Ourense “A” acada o
Bronce na Copa Galicia de Clubs O
pasado Sábado día 19 de Novembro tivo lugar na Coruñesa Vila de Padrón a
edición 2011 da Copa Galicia de clubs na categoría absoluta, cunha ampla
representación de diversos clubs galegos da División de Honra e da 1ª
división. Síntoma do nível da
proba e o de que algún dos equipos alinearon nas súas ringleiras ata 4
titulados internacionais. O Club Xadrez Ourense “A” conquistou un meritorio
Bronce tras disputar 7 encontros en total e perder únicamente un deles,
empatar dous e conseguir 4 victorias. O Xadrez Ourense “A” estivo composto
nesta ocasión por Fernando Sánchez, Iago Prol, J.Luis Saavedra, Elías J.
González, J. Miguel Conde e Alejandro de León.
Ver
Nota de prensa I – Faro de Vigo (21-11-11) Ver
Nota de prensa II – La Región (21-11-11) Ver Nota de prensa III – La Voz de
Galicia (22-11-11) En breve engadiremos nota de prensa
+ deporte (29-22-22) Preto de 300 xadrecistas abarrotaron
Expourense o Domingo 30 de Outubro
O Domingo día 30
de Outubro tivo lugar a IV edición do xa clásico festival internacional de
xadrez para mozos, baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude” este
evento deportivo-formativo acolleu a preto de 300 mozos de Galicia e norte de
Portugal que se deron cita no recinto de feiras e exposicións da nosa cidade.
Martín Gómez Carreño (Carmelitas Ourense) en sub-8, Martín Pena Varela
(Universidade de Santiago) en sub-10, Pablo Vidal (Lucena de Vigo) en sub-12,
Julio Suárez (Fontecarmoa de Vilgarcía) en sub-14 e David Gómez Diéguez (Club
Xadrez Ourense) en sub-16 foron os vencedores desta 4ª edición. Os ourensáns
Martín Gómez en Sub-8 e David Gómez en Sub-10 consolidan o liderato e triunfo
matemático para o circuito galego escolar 2011. Galería
de imaxes (A outra ollada) Galería de imaxes I
(Vistas panorámicas) Galería de imaxes II
(Categorías) Galería de imaxes III (Pódios) Galería de imaxes IV
(Premios) Ver nota de prensa – La Región 1-11 I Ver nota de prensa – La Región 1-11 II Ver nota de prensa – La Región 1-11 III Ver nota de prensa – EL
PAIS 31-10 Ver
nota de prensa – EL PAIS digital 31-10 Ver nota de prensa – La Región 31-10 I Ver nota de prensa – La Región 31-10 II Ver
nota de prensa – Ourense Deportivo 31-10 Ver nota de
prensa – La Región 31-10 I Ver nota de prensa –
La Región 31-10 II Ver nota de prensa –
La Región 31-10 III Ver nota de prensa –
La Voz de Galicia 31-10 Ver nota de
prensa – La Región Dixital 31-10 Ver nota de prensa – Faro
de Vigo 31-10 Ver nota de prensa – La
Región 30-10 Ver
nota de prensa – La Región 30-10 Ver nota de prensa – La
Región 29-10 Ver nota
de prensa - La Región 29-10 I Ver nota de prensa –
La Región 29-10 II Ver nota de prensa – Faro
de Vigo 29 -10 Ver nota de prensa – La
Voz de de Galicia 28-10 Ver nota de prensa – La Región 27-10 Ver
nota de prensa – La Región 19-10 Crónica da web da Federación
Galega Crónica
da web do C.X.Laroca (Pontevedra) Crónica
da web de Ourense Deportivo Crónica da web da Asociación Ourensana de
Clubs Información Rolda de Prensa 28-10
Victoria do G.M. Iván Salgado no
maxistral “Ciutat de Barcelona 2011” O xoven
Gran Mestre ourensán Iván Salgado impúxose no maxistral “Ciutat de Barcelona”
con 5.5 puntos sobre 8, Iván conquistouu o primeiro lugar superando por
coeficiente ó tetracampión de Estados Unidos Yaser Seirawan. O evento reuniu
a 9 Grandes Mestres de todo o planeta. Excelente
actuación dos xadrecistas ourensáns en Vilagarcía O
pasado Sábado día 17 de Setembro tivo lugar o XIX Memorial Adolfo Pedrido en
Vilagarcía. Os nosos xogadores tiveron unha moi relevante actuación, así en
categoría sub-8 Martín Gómez (Carmelitas Ourense) e César Pérez (Xadrez
Ourense) conquistaron ouro e prata respectivamente, pola súa parte Xurxo
Gerpe (Casa da Xuventude) acadou o bronce, completando o pódio ourensán,
Pilar García (Xadrez Loureiro) acadou un positivo 6º lugar. En sub-12 Ángel
Domínguez e Brais Gerpe (ambos de Casa da Xuventude) obtiveron ouro e bronce
respectivamente. En sub-14 victoria de Adrán Gómez (Xadrez Ourense) mentres que
seu irmán David Gómez (Xadrez Ourense) dominou con rotundidade tamén en
Sub-16, categoría na que David Vázquez (Xadrez Ourense) voltou a situarse
entre os 5 mellores. III
Aberto “Memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña” O
Ateneo ourensán acolleu a 3ª edición deste torneo en memoria do que foi
coñecido persoeiro público e xadrecista ourensán Xosé Henrique Rodríguez
Peña. O torneo reuniu a unha ampla representación dos clubes de Ourense e
provincia. O xadrecista do Club Xadrez
Ourense, Fernando Sánchez
resultou vencedor desta edición, acadando seis puntos dos sete en litixio. Fernando
Sánchez Campión Galego Absoluto de Xadrez Rápido O
Xadrecista do Club
Xadrez Ourense Fernando Sánchez Aller, proclamouse campión Galego Absoluto de
Xadrez Rápido no campionato galego desta modalidade disputado na coruñesa
vila de Rianxo o pasado Sábado día 10
de Setembro. Deste xeito Fernando Sánchez Aller (nº 1 do Club Xadrez Ourense
de División de Honra) será o representante galego no vindeiro campeonato de
España de xadrez rápido que terá lugar en Barcelona o próximo mes de
Decembro. Con
este novo título autonómico péchase unha excepcional tempada para o Club Xadrez Ourense con ata 9 pódios
nos campionatos galegos individuais oficiais (2 ouros, 4 pratas e 3 bronces),
con 4 deportistas convocados coa selección Galega para os campionatos de
España por autonomías (Gijón & Navarra 2011), con 12 participacións nos
campionatos de España Individuais (Padrón 2011), con 5 ouros provinciais
individuais por categorías, e entre outros méritos, sendo o club galego con
maior número de licenzas 2011, a nível de equipos hai que salientar a
permanencia na división de honra do Xadrez Ourense “A”, o ascenso a 1ª
división do Xadrez Ourense “C” e o ascenso a 2ª división do Xadrez Ourense
“E”, sen esquecer que o Xadrez Ourense “A” tamén é vixente campión de Copa
Deputación.
VER
CLASIFICACIÓN CAMPIONATO GALEGO XADREZ RÁPIDO 2011 Ver
nota de prensa (La Región) Ver nota de prensa (La
Voz de Galicia) Ver nota de prensa (Faro
de Vigo) Elías
J. González obtén a súa primeria norma de O. Internacional A
Federación Española de Xadrez publicou no mes de Setembro de 2011 as novas
concesións de normas para o título de Organizador Internacional. O Adestrador
e xogador do Club Xadrez Ourense, Elías J. González Gil acada deste xeito a
súa primeira norma de cara a consecución do título internacional da FIDE de
organizador internacional.
Xadrez
Vivinte - Festa da Istoria 2011 (Ribadavia – Ourense) A
edición 2011 da popular festa medieval da Istoria de Ribadavia (Ourense),
contou un ano máis coa representación do clásico xadrez vivinte organizado e
dirixido polo Club Xadrez Ourense
en colaboración coa coordinadora da Festa da Istoria. Os 32 xóvenes Ribadavienses que lle deron vida
ás pezas brancas e negras cos seus traxes así como os centos de asistentes
que se deron cita para presenciar o espectáculo no Auditorio do Castelo dos Sarmiento da capital do
Ribeiro, completaron e encheron de colorido este bonito evento xadrecístico
que forma parte, dende hai anos, do programa de actividades desta popular e
coñecida festa medieval.
Torneo Internacional
Collado Villalba (Madrid), Do 23 ó 31 de Agosto Óscar Salgado López do Club
Xadrez Ourense tomou parte neste forte Aberto Madrileño que se rematou o nesta localidade madrileña o día 31 de
Agosto. Aberto Internacional de Sants – Hostafrancs I la bordeta
(Barcelona) O
xadrecista de Club Xadrez Ourense Jorge Fernández Vázquez tomou parte neste
fortísimo Aberto Internacional disputado entre os días 20 a 28 de Agosto na
cidade condal. Hai que salientar o bo torneo realiazo, en liñas xerais por o
noso xogador, malia rematar cunha desafortunada recta final. A pesar diso
realizou unha performance superior ó seu ránking inicial. Memorial
Maestro Rodrigo – Ferrol (do 15 ao 21 de Agosto de 2011) Entre o
15 e o 21 de Agosto de 2011 disputouse en Ferrol este fortísimo Open
pertencente ao Circuito Galego 2011 “Memorial Mestre Rodrigo”. Os xogadores
do Club Xadrez Ourense José Luis Fernández Saavedra e David Gómez Diéguez
acadaron excelentes clasificacións, mellorando en varios postos os seus
ránkings inciais e colleitando os premios correspondentes aos seus escalóns
de ELO Memorial Alonso Leira – Ferrol (do 12
ao 14 de Agosto de 2011) Na Coruñesa vila de Ferrol tivo lugar a edición
2011 do popular torneo Memorial Alonso Leira para xogadores de ránking
inferior a 2200. O torneo contou coa presenza de dos xóvenes xogadores do
club xadrez Ourense, David Gómez Diéguez e Adrián Gómez. O primeiro deles
realizou unha excelente actuación rematando no 4º posto da clasificación xeral
a persar de partir con número 17º. Campionato do Mundo Sub-20, Chennai
(India), do 2 ó 15 de AgostoO
G.M. Ourensán Iván Salgado representou a España no campIonato Mundial Sub-20
que se está a disputar en Chennai (India). Quinta posición final
de Iván Salgado no Campionato do Mundo sub-20 que finalizou o Luns 15 en
Chennai (India). Iván partía como terceiro do ranking. O torneo foi gañado
polo GM polaco Dariusz Sweierz.
G.M. Iván Salgado nunha
entrevista concedida á TVG durante o Festival de Expourense Torneo de Xadrez Activo Vila de
Chantada – 2011 O pasado día 6 de Agosto disputouse na lucense
vila de Chantada este popular evento de xadrez Activo. O xogador do Club Xadrez
Ourense David Gómez Diéguez fíxose co triunfo final na categoría absoluta
mentres que Adrián Gómez fixo o propio na categoría Infantil, en categoría
sub-8 o xovencísimo Martín Gómez Carreño volveu a demostrar que é o mellor
xogador de Galicia da categoría impoñéndose con claridade. VER
INFORMACIÓN COMPLETA DO TORNEO Aberto Internacional “Albariño” de
Cambados 2011 Disputouse na vila pontevedresa de Cambados o
tradicional Aberto de Verán “Albariño de Cambados”, dous dos nosos máis
fortes xogadores do Club Xadrez Ourense, Fernando Sánchez Aller e José Luis
Fernández Saavedra, estiverón tomando parte neste popular clásido dos opens
galegos de verán Campionatos de España Individuais por
Categorías. Xuño-Xullo 2011 Ata 23 participacions de ourensáns nos
campionatos de España de xadrez por categorías 2011, que tiveron lugar en
Padrón de forma sucesiva por categorías dende o 24 de Xuño ata o 31 de Xullo.
O Club Xadrez Ourense, un ano máis, voltou a ser a entidade de Galicia que máis xogadores
aporta a estos campionatos nacionais individuais por categorías. No referente a clubes ourensáns, Club Xadrez Ourense aportou a 12 participantes, Casa da Xuventude a 6 participantes, Club Xadrez Loureiro 3, e Club Carmelitas Ourense contou con 2 xadrecistas. Na Categoría Sub-8, catro Ourensans
tomaron parte, o vixente Campeón de Galicia, Martín Gómez Carreño (Club Carmelitas
Ourense) estivo pelexando polo podio ata a última rolda e acadou un meritorio
10º lugar, Xurxo
Gerpe Vilas (Casa Xuventude) posto 40º, o
actual Subcampión Galego César
Pérez Dapoza (Club Xadrez
Ourense) posto 42º, e a campeona de Galicia feminina Pilar García Ruiz (Club Xadrez Loureiro) posto 52º.
En Categoría Sub-12 hai que destacar a
ampla representación ourensana encabezada por Gabriel Roma Barge (Club Xadrez Ourense) que una ano máis amosou
estar entre os mellores de España, nesta ocasión acadou 6,5 puntos
compartindo o 8º posto e cedendo únicamente 2,5 puntos en partidas que tivo
moi favorables, Brais Gerpe Vilas
(Casa da Xuventude) realizou unha boa actuación e conseguiu o posto 23º, Alberto Iglesias Feijoó (Casa da
Xuventude) rematou 21º, Angel
Domínguez Fdez. (Casa da
Xuventude) fixo 37º, Miguel Puga
Sánchez (Casa da Xuventude) rematou 40º, Anxo García Arcos (Xadrez Loureiro) 124º, Alejandro Cervigni Sebastián (Club Carmelitas Ourense) 131º e Xiana García Arcos (Club Xadrez
Loureiro) 135º
. No referente á categoría Sub-16 hai que salientar a
ampla representación do noso clube con ata 5 xadrecistas, David Gómez Diéguez rematou con 5
puntos no posto 51º, Sergio Blázquez
Criado fixo tamén 5 puntos e rematou 53º, Martín Arellano Pardo tras un difícil remate de torneo acadou 4,5
puntos e o posto 60º, o noso forte sub-14 Adrián Gómez Diéguez obtivo 4 puntos e rematou no posto 81º e
pola súa parte David Vázquez Gómez
obtivo 3,5 puntos conseguindo unha performance de 1739 FIDE. En Categoría Sub-18 disputada entre o
25 e o 31 de Xullo, hai que facer mención á participación de 3 xóvenes
valores do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez que completou un
meritorio campeonato malia perder na última rolda o que lle levou a
conformarse con 5 puntos no posto 36º,
Martín Arellano Pardo – vixente campión galego
Sub-18- que conquistou o posto 76º con 4 puntos, os mesmos que Samuel Cruz Guerra que rematou no
posto 83º no seu primeiro ano como xadrecista Sub-18. CLASIFICACIÓN CTO. DE ESPAÑA SUB-10 CLASIFICACIÓN CTO. DE ESPAÑA SUB-12 CLASIFICACIÓN CTO. DE ESPAÑA SUB-14 CLASIFICACIÓN CTO. DE ESPAÑA SUB-16 CLASIFICACIÓN CTO. DE ESPAÑA SUB-18 GALERÍA DE IMAXES CAMPIONATOS DE ESPAÑA 2011 Memorial Carlos Alfredo, Celanova 2011 O
Pasado Sábado día 30 de Xullo disputouse o tradicional torneo de verán en
Celanova, Memorial Carlos Alfredo. Unha forte representación de xogadores
galegos optaban ós primeiros premios, hai que destacar que o 1º ourensán
clasificado foi Óscar Salgado López
(Club Xadrez Ourense) que acadou o 3º lugar con 5 puntos, seguido por Fernando Sánchez Aller (Xadrez
Ourense) que obtivo o 4º posto tamén con 5 puntos. Algúns xóvenes do noso
clube como Miguel Ferreiro Díaz
(2º clasificado sub-14) e como Pablo
Navares Ferreiro (Sub-12) tamén tomaron parte nun evento que de non ter o
hándicap das datas nas que se disputa e de non coincidir cos ctos. Nacionais
sub-18 podería contar cunha máis ampla aportación do noso clube. Open Internacional de
Andorra 2011, (do 16 ó 24 de Xullo) O
xadrecista do Club Xadrez Ourense Jorge
Fernández desprazouse a terras de Andorra para tomar parte neste
fortísimo e clásico evento de verán. Jorge realizou unha excelente actuación
cunha performance de 2176 que puido ser aínda mellor de ter aproveitando unha
interasente posición con pezas negras na última rolda ante o francés Sochacki
Cristophe, en calquera caso un excelente 64º posto con 4,5 puntos nesta
importante cita. Circuito Galego 2011- Torneos de Covas e Arteixo (Xullo 2011) A
finais de Xullo tiveron lugar dous torneos máis do Circuito Galego Escolar
2011, Covas (23 de Xullo) e Arteixo (25 de Xullo) donde hai que salientar os
triunfos de Martín Gómez Carreño
en ambos eventos o que lle serve para
afianzarse como líder da clsificación xeral sub-8, así como o 4º lugar do
tamén sub-8 César Pérez Dapoza no 1º de ambos eventos, En categoría Sub-12 Gabriel Roma Barge obtivo sendos bronces en ambos eventos. VER CLSIFICACIÓNS
PROVISIONAIS DO CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2011 Aberto Internacional Juan Carlos I,
Sanxenxo (do 25-6 ó 3-7 2011) Foron varios os xadrecistas do Club Xadrez Ourense
os que se desplazaron a Sanxenxo para disputar este clásico open do Circuito
Galego 2011. Hai que destacar as actuacións de José Luis Fernández
Saavedra (13º con 6 puntos) e de David Gómez Diéguez (31º con 5
puntos), que malia perder na última rolda entrou en premios por escalóns e
subiu 27 puntos FIDE. Tamén tomaron parte outros xogadores do Club como Óscar
Salgado López (que venceu na súa partida ante A. Strikôvic ainda
que tivo un irregular remate de torneo) así como Alejandro de León, Jorge
Fernández e Samuel Cruz Guerra. Campionato de España por Autonomías –
Navarra (A partir do 27-6) Do 27 ao 30 de Xuño tivo lugar en Navarra o
Campionato de España por Autonomías. Viaxaron convocados coa selección os
xogadores do Club Xadrez Ourense Martín Arellano Pardo (actual Campión
Galego sub-18, que acadou un 50%) e Sergio Blázquez Criado
(vixente bronce Galego sub-16, que tamén aportou un 50% ó equipo), ambos en categoría sub-16. Tamén foi seleccionado
co combinado sub-14 Adrián Gómez Diéguez (bronce galego sub-14, que
obtivo un moi positivo 66.7. Finalmente a Selección Galega Sub-16 rematou en
8º lugar sobre 17 comunidades participantes, mentres que a Selección Sub-14
rematou en 14º lugar.
Sergio Blázquez, Martín Arellano e Adrián Gómez
coa Selección Galega 2011 V Copa Galicia (Maristas-Ourense) - Sábado
4 de Xuño-Circuito Galego 2011 O
Sábado 4 de Xuño tivo
lugar no Pavillon Polideportivo do Colexio
Maristas de Ourense a edición 2011 da Copa Maristas-Galicia de xadrez, que alcanzoua a súa 5ª edición. 300
xóvenes xadrecistas procedentes de toda Galicia e Portugal protagonizaron unha fermosa xornada de
deporte-ciencia na nosa cidade. Martín Arellano (Xadrez Ourense) en S-18,
Lucas Abal (Fontecarmoa-Vilagarcía) en S-14, Alberto Portela (Xadrez
Pontevedra) en S-12, Mireya Represa (Nigrán-Laroca) en S-10 e Martín Gómez
(Carmelitas Ourense) en S-8, resultaron vencedores das 5 categorías. Ademais dos ouros de Martín Arellano e
Martín Gómez hai que salientar moitos excelentes resultados dos xadrecistas
ourensáns como foron o 4º posto de David Gómez (Xadrez Ourense) en Sub-18, a
prata e o 4º posto de Adrián Gómez (Xadrez Ourense) e de José Ignacio
Cabanelas (Xadrez Ourense) en sub-14, respectivamente, a prata de Gabriel
Roma (Xadrez Ourense) en Sub-12, así como o bronce de Alberto Iglesias (Casa
da Xuventude) e o 5º lugar de Angel Domínguez (Casa da Xuventude) nesta mesma
categoría, e para rematar o bronce de Adrián Gil Gómez (Escola Xadrez
Maristas) en Sub-8, así como o 5º posto de Xurxo Gerpe (Casa da Xuventude)
nesta mesma categoría. GALERÍA
DE IMAXES I (Vistas panorámicas) GALERÍA
DE IMAXES II (Antes de…) GALERÍA
DE IMAXES III (Durante…) GALERÍA
DE IMAXES IV (Pódios completos de gañadores) GALERÍA
DE IMAXES V (Vencedores das 5 categorías) GALERÍA
DE IMAXES VI (Entrega de Premios) GALERÍA DE IMAXES VII (Premiados nos sorteos) GALERÍA
DE IMAXES VIII (A outra ollada…) Nota
de prensa I (La Región 4 de Junio) Nota
de prensa II (La Región 7 de Junio) Nota
de prensa III (La Región 8 de Junio) Nota
de prensa IV (La Voz de Galicia 4 de Junio) Nota
de prensa V (La Voz de Galicia 6 de Junio) Nota
de prensa VI (Faro de Vigo 4 de Junio) Nota
de prensa VII (Faro de Vigo 5 de Junio) Nota de
prensa VIII (Faro de Vigo 6 de Junio) VER BASES, PREMIOS E INFORMACIÓN
COMPLETA
II
Torneo Pontexadrez – Pontevedra 28 de Maio O
Sábado día 28 de Maio tivo lugar na popular praza da Ferrería Pontevedresa a
2ª edición do Torneo Pontexadrez. O ourensán David Gómez (Xadrez Ourense)
deixa patente a súa hexemonía na categoría sub-16 e imponse con 7 de 7,
conquistando un novo triunfo, 3º consecutivo no Circuito 2011. En Sub-14
Adrián Gómez (Xadrez Ourense) obtivo o 6º lugar. En Sub-12 hai que salientar
o bo papel dos xóvenes do Casa da Xuventude, Angel Domínguez, Miguel Puga e
Alberto Iglesias remataron 2º, 4º e 5º. Nesta categoría estivo ausente
Gabriel Roma que tivo que xogar a final Galega Infantil por equipos, disputada
simultánemanete en Lugo. En Sub-8 Excelente papel dos xóvenes do Xadrez
Ourense, César Pérez (3º) e Marcos Vázquez (5º), O xoven Martín Gómez non
puido asistir a esta cita pero mantén o liderato desta categoría. Campionato Galego Escolar por equipos – Lugo 28 de Maio Ourense
estivo representado polos equipos campións provinciais que foron o Colexio
Maristas de Ourense e o Club Loureiro, en categoría Mixta e feminina,
respectivamente. O equipo colexial formado por Gabriel Roma, J.Ignacio
Cabanelas, Jacobo J. Freire, Javier Rodríguez e Marcos Fernández, tras un
desafortunado comenzo de competición ante Pontevedra non tivo tempo a
refacerse nesta curta competición de 3 roldas e a pesares de rematar en 4º
lugar ainda estivo a piques de conquistar o subcampionato tras apelar á épica
na derradeira rolda ante Coruña impoñéndose por 3-1. As xogadoras do Club
Loureiro remataron nun máis que meritorio
3º lugar e conquistaron o bronce autonómico, destacando as actuacións
de Aldara Sánchez, Aroa Rodríguez e Xiana García.
Aberto Internacional Peón de Ouro (Mondariz-Balneario, 21 e 22
de Maio) Excelente
papel dos nosos xadrecistas na presente edición do Peón de Ouro disputada en
Mondariz-Balneario os días 21 e 22 de Maio e coa participación de 177 xóvenes
de toda a península. En Categoría Cadete David Gómez (Xadrez Ourense) foi
vencedor por diante de fortísimos xogadores, como o Cántabro E.Tejedor
(2168), en Infantil Adrián Gómez (Xadrez Ourense) conquistou un meritorio 4º
lugar, en Alevíns Gabriel Roma (Xadrez Ourense) soubo rematar en boa liña o
torneo e acadou o bronce final así como o posto de 1º galego clasificado, en
Sub-8 hai que salientar a prata consquistada por Xurxo Gerpe (Casa da
Xuventude) e o Bronce de Martín Gómez (Carmelitas Ourense). Maristas Ourense e Club Loureiro Representarán a Ourense no
Cto. Galego de Luego o 29-5-2011.
Tras a fase previa disputada o pasado Domingo día
8 en Expourense, e na que se deron cita ata 28 equipos participantes, tivo
lugar a fase final celebrada no Colexio Maristas o xoves día 12 (coa
participación dos 14 equipos finalistas de Ourense e Provincia). O equipos de
Maristas Infantil Mixto resultou claro vencedor na súa categoría, do
mesmo xeito que Loureiro Infantil feminino, ambos conxuntos tomarán
parte nas finais galegas do vindeiro 28 de Maio. En Categoría Alevín claro
dominio do Casa da Xuventude mentres que en Benxamín impúxose Guillelme
Brown “A”. Clasificación
final Infantil Mixta Clasificación
final Infantil Feminina Clasificación
fase previa infantil Clasificación fase
previa Alevín Clasificación
fase previa Benxamín O pasado Sábado día 7 de Maio tivo lugar o Día do Club O Club Xadrez Ourense Celebrou
a súa clásica festa anual con todos os xadrecistas e axudantes que fixeron
posible os nosos positivos resultados na liga galega de clubs 2011. A xornada
deu comenzo ás 17.30 horas no polideportivo do Colexio Maristas de Ourense
coa disputa do Mini-maratón de Fútbol sala no que tomaron parte os seis
equipos do Club, posteriormente todos os participantes puderon compartir unha
merenda para repoñer forzas e acto seguido tivo lugar a entrega de premios do
Torneo de Futbito. Posteriormente un céntrico restaurante acolleu á cea á que
asistiron unha cincuentena de xadrecistas e acompañantes. GALERÍA DE IMAXES DÍA DO CLUB
2011 CLASIFICACIÓNS
COMPLETAS (Grupos con equipos ourensáns) GALERÍA COMPLETA DE IMAXES LIGA GALEGA 2011 Crónica final Liga Galega 2011
Ata 10 Podios acadaron os xadrecistas ourensáns en Padrón 2011 Durante a pasada Semana Santa
tiveron lugar en Padrón os campionatos Galegos de Xadrez individuais. En
categoría Sub-8 Ourense amosou a súa excelente canteira dentro do panorama
autonómico e conquistou ouro e prata en masculino con Martín Gómez (Vedruna
Ourense) e César Pérez (Xadrez Ourense), e tamén en feminino con Pilar García
(Loureiro Ourense) e Paula Baliño (Xadrez Ourense). En sub-10 hai que facer
mención ó 6º lugar acadado polo xoven J.Carlos González Irala (Casa da
Xuventude). En Sub-12 moi positivo balanzo para os ourensáns que acadaron
numerosos postos de privilexio salientando a prata de Gabriel Roma (Xadrez
Ourense) e o Bronce de Angel Domínguez (Casa da Xuventde), así como a prata
en Sub-12 feminino de Xiana García (Xadrez Loureiro). En categoría cadete,
Sub-16, os nosos representantes estiveron loitando ata o último instante polo
título, finalmente Martín Arellano e Sergio Blázquez (ambos de Xadrez
Ourense) remataron prata e bronce respectivamente. En categoría Sénior
Fernando Sánchez (Xadrez Ourense), un dos máximos favoritos para o título,
tivo que conformarse coa 9ª praza, mentres que o 14º posto da xeral serviulle
ó Liceista Joaquín Bello para proclamarse campión de veteráns. A estas 10
medallas hai que engadir as 3 obtidas nos Ctos. Galegos disputados en
Febreiro (Categorías Sub-18 e Sub-14), completando un excelente ano para o
xadrez provincial con 4 ouros, 5 pratas, 4 bronces, no que a Campionatos
Galegos individuais 2011 se refire. David Gómez e Fernando Sánchez viaxarán coa Selección Galega. Os
xadrecistas do Club Xadrez Ourense Fernando Sánchez (atual campión galego
individual sénior) e David Gómez
(actual campión galego Sub-16) viaxarán a Asturias a partir do 28 de Abril
coa Selección Galega Absoluta para participar no Campionato de España de
Seleccións Autonómicas. Noroaboa e sorte para eles! Liga Galega de Clubs de Xadrez 2011, (Xaneiro – Abril 2011) O Sábado día 26 de Marzo rematou a Liga Galega 2011 nas súas diferentes
categorías. Xadrez Ourense “A” conquista unha meritoria 6ª praza nunha, cada
vez máis profesionalizada, división de honra, mellorando a súa mellor
clasificación histórica. Pola súa Banda o Liceo Academia Postal remata
finalmente no posto 11º e militará en 1ª división en 2012. En 1ª División o
Xadrez Ourense “B” sálvase tras unha dramática derradeira xornada tras acadar
un contundente 4-0 a prol, ante o Alekhine Vigués, pola súa parte Peña
Recreativa e Universitario de Ourense manteñen cómodamente a categoría. En 2ª
división o Xadrez Ourense “C” conquistou o ascenso a 1ª división tras acadar
37 dos 44 puntos no seu grupo
respectivo, no que, Ateneo de Ourense e Xadrez Loureiro “A” mantiveron a
categoría con comodidade, ainda que perden a categoría Celanova “B” e Bande
“A”. No outro grupo de 2ª con representación ourensana o Xadrez Celanova
acadou un merecido ascenso. En terceira división os Ascenso de categoría xa é
unha realidade de cara a 2012. CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
(Grupos con equipos ourensáns) GALERÍA
COMPLETA DE IMAXES LIGA GALEGA 2011 Crónica final Liga
Galega 2011 Cto. Provincial Sub-16. Domingo día 20 de Marzo David Gómez Diéguez proclamouse campión zonal Sub-16, tras vencer no
torneo disputado o Domingo día 20 de Marzo, nos locais do Club Loureiro. O
pódio estivo completado por Sergio Blázquez Criado e por o recentemente
proclamado campión galego Martín Arellano, tgodos eles do Club Xadrez
Ourense. Martín
Arellano Campión Galego Sub-18
Durante as pasadas datas de entroido, (do 5 ao 8
de Marzo de 2011) disputáronse en Pontedeume os ctos. Galegos Sub-18 e Sub-14
onde Xadrez Ourense enviou unha importante representación. Martín Arellano de
tan só 14 anos de idade proclamouse campión galego sub-18, mentres que David
Gómez conquistou o bronce na mesma categoría. Pola súa parte Adrián Gómez
realizou un moi serio torneo en Sub-14 e acadou o terceiro lugar. O M.F. do
Club Xadrez Ourense, Fernando Sánchez, foi o responsable técnico dos nosos
xóvenes valores durante esta importante competición. Campionato Provincial Sub-14. Domingo 6 – 2 – 2011 Disputouse
o Cto. Provincial Sub-14 para federados, valedeiro para o Autonómico sub-14
que se disputará en Pontedeume o vindeiro mes de Marzo. Adrián Gómez (Club
Xadrez Ourense) foi o vencedor, seguido por Brais Gerge e Miguel Puga, ambos
do club Casa da Xuventude. O Torneo contou coa participación de xogadores
federados pertencentes a varios clubes da provincia.
Campeonatos provinciais para
federados Sub-8, Sub-10 e Sub-12 O Campeonato zonal, clasificatorio para o autonómico, nas categorías
sub-8, sub-10 e sub-12 disputouse na xornada Dominical do 23 de Xaneiro nos
salóns da A.V.Barrocás. Xurxo Gerpe en Sub-8, Martín Fernández en Sub-10 e
Gabriel Roma en Sub-12 foron os vencedores dunhas probas nas que tomaron
parte ata 55 participantes totais. XXVI Aninovo Barrocás - I Manuel Villar “In Memoriam” Rematou a XXVI edición do Aberto Aninovo Barrocás,
I Memorial Manuel Villar. O acto de apertura tivo lugar o día 27 de Decembro
coa presenza do xoven G.M. Iván Salgado que declarou inagurado o torneo, nunha
bonita e emotiva ceremonia inaugural na que J.M. Concheiro efectuou o saque
de honra, entre a asistencia de familiares, directivos da A.V.V. Barrocás,
xadrecistas e autoridades. VER
GALERÍA DE IMAXES CERIMONIA INAUGURAL O Torneo prolongouse durante 7 emocionantes
xornadas ata o día 5 de Xaneiro. O Vencedor final foi Alejandro De León (Club
Xadrez Ourense), que conseguiu 6 dos 7 puntos en litixio. Completaron a
clasificación Senior David Gómez Diéguez, Lino Hermida Araujo, Carlos Carrero
Casas e Rafael Sánchez de León. O podio xuvenil foi copado por Martín
Arellano, Samuel Cruz e Sergio Blázquez, mentres que os postos de honra na
categoría cadete foron para Adrián Gómez, David Vázquez e Alberto Iglesias.
Jorge Fernández obtivo o premio, xentileza de Hoteles e Balnearios Caldaria
ao mellor clasificado sub-2000, mentres que os premios de Beleza e Galeón
Pirata foron para David Tavares e Adrián Gómez respectivamente. VER GALERÍA
DE IMAXES DO ACTO DE CLAUSURA Ó concurrido acto de clausura estivo presidido
polas autoridades, patrocinadore e colaboradores, directivada A.V.Barrocás,
Club Xadrez Ourense (Dirección Técnica) e unha nutrida representación de familiares,
participantes e acompañantes. (En Breve ampla Galería de imaxes da competición) INFORMACIÓN DE
RÁNKING INTERNACIONAL (Dispoñible) O torneo de xadrez decano de Galicia chegou tamén
a súa XXVI edición no apartado de categorías inferiores, o Domingo día 26 de
Decembro tivo lugar o masivo evento destinado ás categorías dos máis xóvenes,
máis de 150 participantes nunha edición de récord deron colorido a unha xornada de deporte na que
todos eles foron os protagonistas. En Categoría Sub-8 resultou vencedor
Martín Fernández Carballal (Guillelme Brown), en Sub-10 o gañador foi Pablo
Vidal Fernández (Xadrez Galego de Vigo), en sub-12 o triunfo foi para Adrián
Gómez Diéguez (Xadrez Ourense) e en sub-14 resultou vencedor Jorge Iglesias
Fernández (Xadrez Galego de Vigo). Os Clubs Xadrez Ourense e Xadrez Galego
de Vigo foron os máis galardonados cun total de 4 pódios cada un deles.
VER GALERIA DE IMAXES TORNEO POR
CATEGORÍAS VER GALERÍA DE IMAXES ENTREGA DE
PREMIOS E CLAUSURA TORNEO POR CATEGORÍAS INFORMACIÓN ABERTO
INTERNACIONAL Imaxes da edición anterior
(Torneo por categorías) Imaxes da
edición anterior (Aberto Internacional) X TORNEO VELERO SEN ENROQUE,
10ª Edición. (18-12-2010) Disputado no Paco Paz entre grandes xogadores tivo
lugar esta final impoñéndose Iván Salgado en reñida loita con Aleksa
Stríkovic, mentres que Alejandro Hoffman fixo o propio ante Alex Barsov polo
3º posto (todos eles GMs), completando a clasificación de oito finalistas:
manuel Pena (MI), Pablo García (MI), Martín Boado e Daniel Rivera (MI) por
este orden. Tras eles o resto de participantes seguindo o orden do suizo sin
enroque incial e o da rolda intermedia (desde a que xa se xoga, ata o final,
con sistema Velero, unha rolda co cómputo de este torneo para posibles
empates) O Torneo (co nome do Club Velero Jr. En torno ao
que naceu), manifestou o seu agradecimento á presencia de tan selectos
xogadores que encabezaron a clasificación, agradecimento que extendeu a todos
os participantes e en especial aos que veñen sendo habituais nél. Tamén a
maioría dos Mestres mencionados participaron en máis dunha ocasión. Falando
de primeiros postos nunha e outra edición, Iván Salgado, gañou en dúas
edicións (3ª e 10ª), e Aleksa Stríkovic en 4 (5ª,6ª,7ª e 9ª); completando a
lista de gañadores en alguna ocasión: os tamén GMs Francisco Vallejo (8ª
Ed.), e Lázaro Bruzón (4ª Ed.), A 2ª edición foi gañada polo ben coñecido
xogador de esta cidade Manuel Vidal, e a primeira por David Tavares. David Gómez Diéguez Novo Campión Provincial Absoluto 2010 O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense
proclamouse vencedor do Campionato Provincial 2010, cunha excelente actuación
que lle levou a acadar 5,5 puntos dos seis en litixio. O pódio sub-18 quedou
confgurado polo propio David Gómez, Sergio Blázquez e David Vázquez, todos
eles xogadores do Club Xadrez Ourense. O pódio sénior quedou configurado por
Armando de Sousa, Lino Hermida e Gustavo Hernández. Torneo de Xadrez “Megaxove 2010” O Mércores día 8 tivo lugar en Expourense a
edición 2010 deste clásico torneo de xadrez rápido para xóvenes. 60
participantes de diferentes clubes déronse cita para disputar esta clásico torneo. David Gómez en Cadete, David Vázquez
en Infantil, Adrián Gómez (campión da xeral) en Alevín, Gabriel Roma en Benxamín
e Daniel Movilla en prebenxamín foron os vencedores das diferentes
categorías, todos eles pertencentes ao Club Xadrez Ourense. Xadrez Ourense “A” Campión da Copa Deputación 2010 O Domingo día 4 de Decembro tivo lugar en Celanova
a Copa Deputación por equipos 2010, evento que reuniu a 12 dos equipos máis
destacados do panorama provincial e a 52 xadrecistas. Xadrez Ourense “A”,
Liceo Academia Postal e Xadrez Ourense “C” foron os clubs que ocuparon o
pódio final na clasificación combinada. Na clasificación individual Fernando
Sánchez (Xadrez Ourense) en sénior, Martín Sabuz (Xadrez Ourense) en cadete,
Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Infantil, Adrián Gómez (Xadrez Ourense)
en Alevín, Gabriel Roma (Xadrez Ourense) en Benxamín, Martín Gómez
(Carmelitas Vedruna) en Promesas, foron os vencedores. VER
CADROS DR HONRA (EQUIPOS E INDIVIDUAIS) En breve clasificacións pormenorizadas Campeonato Zonal Absoluto e Sub-18. Comenzou o 20 Novembro Tras 4 roldas disputadas o xoven
xadrecista do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez lidera a competición
con 4 victorias. O torneo está organizado pola Asociación Ourensana de
Xadrez, coa dirección técnica do Club Xadrez Loureiro e dispútase nos locais
da A.V.V. “Olimpo”, o evento é válido para ELO FIDE e FEDA e con numerosos
premios. VER RÁNKING
INICIAL E TABLA DE BYES VER HISTORIAL GAÑADORES CAMPEONATOS PROVINCIAIS
Torneo de rápidas “Galisenior 2010”, Expourense, 20 de Novembro Tivo
lugar en Expourense na matinal do Sábado día 20 de Novembro coa participación
de 44 xóvenes xadrecistas. Marcos Fernández Criado (Xadrez Ourense),
proclamouse campeón absoluto do torneo con 5,5 puntos sobre 6 posibles,
Martín Freire e Carlos Jiménez (ambos de Xadrez Ourense), foron 1º e 2º en
categoría Sub-16. Andrea Sabuz (Carmelitas Vedruna) impúxose en categoría
Infantil por diante de Miguel Ferreiro (Xadrez Ourense), que rematou
subcampeón Sub-14, en Sub-12 Alejandro Cervigni (Carmelitas Vedruna) e Carlos
Martínez (Xadrez Ourense), foron campión e subcampeón, mentres que en sub-10
Martín Gómez (Carmelitas Vedruna) foi o vencedor por diante de Brais Martínez
(Carmeitas Vedruna), que rematou subcampeón. Iván Salgado sensacional, comparte título con L.Bruzón en
Barcelona Diputouse entre o 4 e o 12 de
Novembro, no Casino da cidade condal o Maxistral Cidade de Barcelona no que
tomaron parte 10 Grandes Mestres de elite internacional. O G.M. Ourensán marchou
líder durante boa parte do evento, finalmernte conqueriu 7 puntos dos nove en
liza, subiu máis de 20 puntos ELO, e completou unha actuación de 2814 ¡. Unha vez máis o G.M. ourensán, sensacional.
Entrevista do Diario “La Región” a Gabriel Roma e David Gómez Os xóvenes xadrecistas do Club
Xadrez Ourense que recentemente conquistaron o circuito galego 2010 nas súas
categorías respectivas, foron protagonistas dunha ampla entrevista no diario
“La Región” de Ourense. III Festival Internacional 2010
“Deporte-ciencia para a Xuventude”
O Domingo
día 31 de Outubro tivo lugar en Expourense a 3ª edición deste masivo evento. Nesta ocasión o
torneo albergou ademais a clausura do Circuito Galego Escolar 2010, sendo a
17ª proba puntuable. 280
participantes e o numeroso público chegado dende todos os puntos de Galicia e
Portugal, deron calor, colorido e ateigaron as instalación de Expourense. Brais
Hidalgo Mera (A. Bóveda de Coruña) en sub-8, Gabriel Roma Barge
(Xadrez Ourense) en sub-10, Alberto Portela Peleteiro (E.X.Pontevedra)
en sub-12, Jorge Iglesias (Lucena de Vigo) en sub-14 e Yago Barral
(Kárpov de Pontevedra) en sub-16, foron os vencedores de esta edición. En
breve estarán dispoñibles as clasificacions completas do circuito galego 2010
nesta web e en www.fegaxa.org,
Un circuito 2010 que supuxo dous ouros, unha prata, e dous bronces para os
xadrecistas ourensáns. O
Campión galego individual Fernando Sánchez Aller, realizou unha exhibición
simultánea cos gañadores e logrou vencer o enfrentamento por 3 a 2. Tras a
entrega de premios do propio evento e do circuito galego 2010, así como das
distincións que a FEGAXA entregou ós 17 organizadores das diferentes probas
puntuables, tivo lugar o sorteo de
numerosos regalos entre todos os participantes, nunha clausura á que
asistiron representantes de Expourense, Concello de Ourense, Xunta de
Galicia, Federación Galega de Xadrez e Club Xadrez Ourense. CADRO DE HONRA CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2010 GALERÍA DE IMAXES I (Podios de vencedores) GALERÍA DE IMAXES II (Selección
Imaxes Torneo) GALERÍA DE IMAXES III (Exhibición Campión
Galego Sénior) GALERÍA DE IMAXES IV (Selección
Imaxes Clausura) GALERÍA DE IMAXES V (“Antes de”) GALERÍA DE IMAXES VI (Podios Circuito Galego 2010) GALERÍA DE IMAXES VII (Gañadores Sorteos) GALERÍA DE IMAXES VIII (Vistas
panorámicas) (en breve máis…) (en breve máis…) ( En breve máis imaxes
e enlaces de prensa )
Iván Salgado viaxou a Nanjing
(China), xunto a V. Topalov, onde estará ata o 2 do 11 A apretada axenda do embaixador do xadrez
provincial por todo o mundo segue a bo ritmo, nestes momentos Iván, atópase
en China como auxiliar do G.M. Vasselin Topalov, que está loitando Nanjing
(China) pola victoria neste importante evento de Grand Prix, onde se atopan 6
dos mellores xogadores do mundo. Esta experiencia resultará moi interesante
para Iván de cara a súa progresión. Ó seu retorno viaxará a Barcelona para
tomar parte nun importante evento internacional a partir do 4-11. VER MAIS INFORMACIÓN DO EVENTO David Gómez Diéguez Campeón do Torneo Campus-Ourense 2010 O xoven
xogador cadete do Club Xadrez Ourense, David Gómez Diéguez impúxose con
claridade en categoría absoluta no torneo disputado no campus de Ourense o
pasado sábado día 30 de Outubro. Adrián Gómez fixo o propio en categoría
Cadete, ambos xogadores son compañeiros no club xadrez Ourense. EN BREVE MÁIS INFORMACIÓN Dous ouros, unha prata e un 5º posto, botín de Xadrez Ourense
no Open Mc.Donalds. 23-10 Varios
dos nosos xogadores desprazáronse a terras pontevedresas para disputar o
penúltimo evento do circuito galego escolar 2010 que rematará o vindeiro
Domingo día 31 en Ourense coa 17ª e última proba. Gabriel Roma en Sub-10, e
David Gómez en Sub-16 conquistaron o
primeiro lugar nas súas categorías e ratifican o seu liderazgo respectivo na
clasificación xeral do circuito. Pola súa parte Adrián Gómez en sub-12 fixo
prata e Martín Arellano en Sub-14, conserva posibilidades de vencer o
circuito tras rematar en 5º lugar. Excelente papel dos Ourensáns en Valladolid. 9-10-2010 Foron
varios os xóvenes xadrecistas ourensáns desprazados a terras pucelanas para
disputar a edición 2010 do popular torneo da Vendima. Martín Arellano
(Xadrez Ourense) proclamouse vencedor en categoría Infantil, mentres que Gabriel
Roma (Xadrez Ourense) conquistou a prata, compartindo o 1º posto, na
categoría Benxamín. Pola súa parte David Gómez en sub-16, Adrián
Gómez en sub-12 e Ángel Domínguez en sub-12, conquistaron os
postos 6º,10º e 22º, respectivamente. Deixounos Manuel Villar, figura clave para o xadrez ourensán
nos últimos 25 anos. Manuel
Villar Fernández, organizador do torneo decano do xadrez provincial e
autonómico, o “Aberto Aninovo Barrocás”, deixounos o 2 de Outubro de 2010. A
ampla familia do deporte-ciencia é consciente da enorme aportación de Villar
a este deporte. Home que brindou unha inesgotable dose de esforzo persoal e
desinteresado durante 25 anos, o cal se traduciu no bonito presente que vive
o xadrez ourensán na actualidade. Numerosos xadrecistas importantes a nivel
provincial e incluso Figuras tan importantes como Iván Salgado (que o Domingo
día 3-10 pelexará pola medalla olímpica ante Rusia coa selección española),
deron os primeiros pasos no torneo que Manuel Villar fundou e fixo medrar
durante 25 anos. Persoa dunha grande talla humana, foi presidente dunha das
Asociacións veciñais máis activas do panorama ourensán na actualidade e
durante décadas, a A.V.V. de Barrocás, Villar deixa unha contribución
incalculabe tanto no eido social como no deportivo, que sen dúbida
constituirá un fermoso exemplo de luita e xenerosidade para vindeiras
xeracións.
“…Hai
homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son
mellores, hai quenes loitan moitos anos e son moi bos, por hai os que loitan
toda a vida: esos son os imprescindibles…”
(Berthold
Brecht) ENTREVISTA
A MANUEL VILLAR 22-12-09 Olimpiada de Xadrez 2010 – Do
21 de Setembro ao 3 de Novembro, Khanty Mansysk (Rusia) ¡Iván Salgado derrota a P.Svidler! e España acaricia o bronce
olímpico tras un histórico empate ante Rusia na útima xornada.
Na última xornada do día 3 de
Outubro, España loitou pola medalla, ante un complicado rival, a selección de
Rusia . O G.M. Ourensán Iván Salgado, forma parte do
equipo nacional español nesta importante cita de índole internacional e
derrouto con pezas negras ó Gran Mestre Ruso Peter Svidler, cunha defensa
Philidor moi activa. O equipo nacional estivo composto por Shírov (2749),
Vallejo (2697), Salgado (2595), Magem (2589) e Alsina (2523). A
“Roja” partía co número 16 de ránking inicial sobre un total de 148 paises e
rematou empatando no 5º lugar, Ucraina voi o gañador por diante de Rusia. INFORMACIÓN COMPLETA DO EVENTO Dous ouros e un bronce, botín de Xadrez Ourense en Poio
(Pontevedra). 2-10-2010 Gabriel Roma impúxose con
rotundidade en Sub-10, mentres que David Gómez facía o propio en S-16. Pola
súa parte Sergio Blázquez en S-16
acadaba o terceiro lugar, nesta nova proba puntuable do Circuito
Galego Escolar 2010. INFORMACIÓN COMPLETA DO EVENTO Dous ouros e un 5º posto, recadación de Xadrez Ourense en
Sanxenxo. 25-9-2010 Gabriel Roma impúxose con rotundidade
en Sub-10, mentres que David Gómez facía o propio en S-16. Pola súa parte
Martín Arellano en S-14 acadaba o
quinto lugar, nesta nova proba puntuable do Circuito Galego Escolar 2010. INFORMACIÓN COMPLETA DO EVENTO O número 0011
é o gañador do cronómetro dixital
“ DGT-960 Fischer Random”. ¡Noraboa! VER
IMAXEN DO CRONÓMETRO DGT 960 Xadrez Ourense sortea este magnífico cronómetro entre os seus
socios no mes de Setembro - 2010 Un ouro e tres pratas, importante botín de Xadrez Ourense en
Vilagarcía. 18-9-2010 Gabriel Roma impúxose con
rotundidade en Sub-10, mentres que Adrián Gómez en S-12, Martín Arellano en
S-14 e David Gómez en Sub-16 obtiñan meritorias pratas nas súas respectivas
categorías. Ademais todos eles consolidan moi serias opcións de cara á
clasificación final do circuito galego escolar 2010. Adrián Gómez e Gabriel Roma destacan no Aberto de Vilanova de
Arousa. 11-9-2010 Unha nutrida representación dos
xogadores do noso clube desplazáronse a Vilanova de Arousa para disputar esta
edición deste evento pertencente ó circuito galego escolar. Hai que salientar
o Ouro acadado por Adrián Gómez en S-12 así como a prata de Gabriel Roma en
S-10, sen esquecerse do 4º lugar obtido por Martín Arellano en S-14. Xadrez Ourense conquista 3 ouros, 1 prata e 1 bronce no torneo
de Esmelle (Ferrol) O pasado Sábado día 4 de Setembro
tivo lugar a II Edición do Torneo de Esmelle-Ferrol, pertencente ao Circuito
Galego Escolar 2010 no que se deron cita perto dun centenar de xadrecistas de
toda Galicia. Hai que salientar os Ouros de Gabriel Roma en S-10, o de Adrián
Gómez en S-12 e o de David Gómez en S-16, sen esquecerse da prata de Martín
Arellano en Sub-14 (categoría na que David Vázquez rematou en 4º lugar) nin
do bronce de Sergio Blázquez en S-16. FESTA DA ISTORIA 2010 – Club Xadrez Ourense organiza un ano
máis o xadrez vivinte. O Club
Xadrez Ourense foi por 8º ano consecutivo a entidade organizadora responsable
do vistoso xadrez vivinte que se disputa anualmente dentro do programa
de actividades da festa da Istoria de Ribadavia (Ourense). Unha gran
afluencia de público arroupou o acto que tivo lugar no anfiteatro do Castelo
Ribadaviense. VIII Aberto Concello de Mondariz. (do 22 ao 28 de Agosto) David Gómez e Adrián Gómez
disputaron con positivos resultados este clásico aberto de verán. XXV Festival de Xadrez Cidade de Ferrol. (do 13 ao 21 de
Agosto) Tres xóvenes do noso clube disputaron os dous eventos
disputados nas mencionadas datas en terras ferrolás. Hai que salientar a
magnífica actuación de David Gómez que acadou una performane de 2288 (+48),
así como de Adrián Gómez que con 4,5 puntos obtivo un importante +50 ELO
fide. Campionato Mundial
Sub-20. (Chotowa Zcarna - Polonia) 3 ao 17 do 8. O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta importante
competición mundial na que partíacomo nº 5 de ránking. Iván rematou no 17º
lugar tras un titubeante comenzo que arranxou lixeiramente tras rematar con 4
de 5 nas últimas xornadas. A organización do evento foi máis que discutible o
que representou un hándicap en contra do noso representante.
XXVI
Aberto de Xadrez "Albariño" de Cambados. ( 3 ao 11 de Agosto ) David Gómez, Adrián Gómez e Martín Arellano, todos
elesdo Xadrez Ourense, disputaron a presente edición deste clásico Aberto de
verán pertencente ao circiuto galego 2010.
XII
Memorial Carlos Alfredo - Celanova (Agosto 2010) Unha nova edición do clásico aberto de semirrápidas organizado
polo clube de xadrez Celanova. O evento tivo lugar na Alameda da capital dos
poetas o Sábado día 7 de Agosto coa participación de
casi 70 xadrecistas. Un grande nivel presidiu esta edición 2010 do clásico
torneo celanovense. Alexa Strikovic (A.Bóveda-Coruña), Fernando Sánchez
(Xadrez Ourense) e Alejandro Hoffman (Chantada), foron os ocupantes do
podio nesta edición. Por categorías Xadrez Ourense volveu a conquistar
todos os títulos, David Gómez (S16), Martín Arellano (S14), Adrián
Gómez (S12) e Gabriel Roma (S10) resultaron vencedores. EN
BREVE CLASIFICACIÓNS COMPLETAS E IMAXES
Campionatos
de España Individuais 2010 - Linares (Jaen) Ao longo do mes de Xullo tiveron lugar os Ctos. de España Individuais de xadrez das diferentes categorías.
Un ano máis Xadrez Ourense volta a ser clube de Galicia que máis
deportistas envía aos Ctos. de España cun total
de 10 participantes, seguido de Círculo Ferrolano, Fontecarmoa, Lucena e
Escola Xadrez Pontevedra, todos eles con 5 deportistas. Hai que salientar a
boa actuación de Gabriel Roma en Sub-10 que acadou o 7º lugar con 6,5
puntos, nesta categoría tamén participou o ourensán Miguel Puga do
Club Casa da Xuventude. En Sub-12 Adrián Gómez acadou 5,5 puntos
mentres que Andrea Sabuz e Jacobo Freire completaron meritorias
actuacións. Martín Arellano con 5,5 puntos, J.Ignacio Cabanelas
con 4 e David Vázquez con 3,5 foron os nosos representantes en Sub-14,
mentres que David Gómez, Samuel Cruz e Sergio Blázquez remataron con
4,5 en cat. Cadete, todos eles melloraron o seu ránking. Fernando Sánchez
viaxará a Tenerife en Setembro para tomar parte en categoría Absoluta. En
Breve Galería de Imaxes Ctos. de España 2010 (Linares)
Xadrez
Ourense envía 10 xadrecistas aos Campeoantos de España 2010 Ata 11 xadrecistas do Club Xadrez Ourense desprázanse a
terras andaluzasa para disputar os Ctos. de
España individuais que darán comento o vindeiro Martes día 29-6 e que se
prolongarán ata finais de Xullo. Gabriel Roma en Sub-10, categoría na
que tamén toma parte o xadrecista ourensán do Club Casa da Xuventude Miguel
Puga, Andrea Sabuz, Jacobo Freire e Adrián Gómez en Sub-12, Martín
Arellano, David Vázquez e J.Ignacio Cabanelas en Sub-14, Sergio
Blázquez, David Gómez e Samuel Cruz en Sub-16 serán os nosos
representantes nos ctos. de España por idades a
disputar entre Xuño e Xullo en Linares. A todos eles unirase o sénior Fernando
Sánchez, completando o plantel dos nosos deportistas que tomarán parte
nos nacionais 2010.
II
Aberto Internacional Carlos I. Sanxenxo 2010 A localidade pontevedresa de Sanxenxo acolleu dos días 19 a 27 de
Xuño un open nos que participaron ata 7 xadrecistas ourensáns, 5 deles do
Club Xadrez Ourense. As mellores actuacións corresponderon a José Luis
Fernández Saavedra (Xadrez Ourense), que con 5,5 puntos rematou nun
excelente 16º lugar cunha actuación de 2253. Joaquín Bello (Liceo) e o xoven Sergio
Blázquez (Xadrez Ourense), conseguiron 5 puntos e remataron empatados ao
27º posto. Sergio ademais fixo unha meritoria actuación ELO de 2040 (+43)
Campeonato
de España de Seleccións Autonómicas S-16 e S-14 Os
xóvenes xadrecistas do Club Xadrez Ourense, David Gómez e Martín
Arellano estiveron en Murcia coa selección galega entre os días 22 e 25
de Xuño. Galicia rematou 9ª en S-16 categoría na que David fixo unha sólida
actuación en 2ª mesa (1915 ELO), mentres que en S-14 Galicia rematou nun
excelente 4º lugar, Martín completou unha máis que digna performance
(1944 ELO)
Iván
Salgado está a disputar o "Maxistral Ruy López" Categoría XVI A locacalidade extremeña de Villafranca de los Barros, acolleu
entre os días 13 e 18 de Xuño o Maxistral Ruy López que contou coa
presencia do G.M. Iván Salgado que partía como número 5 do ránking inicial
neste fortísimo evento, Iván tivo posibilidades de subcampionato ata a última
rolda na que non puido co Italiano Fabiano Caruana.
O
G.M. ourensán Iván Salgado portada da revista "Peón de Rey" Unha
vez máis o G.M. Ourensán acapara titulares das publicacións máis
prestixiosas, nesta ocasión a coñecida revista Peón de Rey, adica un extenso
artigo a súa fantástica actuación no recente campionato Europeo Senior.
IV
Copa Galicia (Maristas-Ourense) - Sábado
5 de Xuño-Circuito Galego 2010 O Sábado 5
de Xuño tivo lugar no Pavillon do Colexio Maristas de Ourense a 4ª
edición da Copa Maristas Galicia de xadrez. 300 xóvenes xadrecistas (38
deles con ránking internacional) procedentes de toda Galicia e
Portugal protagonizaron unha fermosa xornada de deporte-ciencia na nosa
cidade. Samuel villar (Lucena-Vigo), Luis Segura
(Fontecarmoa-Vilagarcía), Antonio Salas (Xadrez Ponteareas), Jorge
Segura (Fontecarmoa-Vilagarcía) e David Seoane (Círculo
Ferrolano), resultaron os vencedores das 5 categoríras. O máis salientable
para os ourensáns foron os bronces de Gabriel Roma (S10), Martín
Arellano (S14) e David Gómez (S18), todos eles do Club Xadrez
Ourense. Clasificación
completa categoría Sub-8 Clasificación
completa categoría Sub-10 Clasificación
completa categoría Sub-12 Clasificación completa categoría Sub-14 Clasificación
completa categoría Sub-18/16 XXII
edición do Peón de Ouro - Mondariz (Pontevedra) Varios xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras
pontevedrasas para tomar parte na edición 2010 do Peón de Ouro, un evento que
reuniu a 207 xóvenes xadrecistas e que foi a 3ª proba puntuable
do circuito galego escolar 2010. Martín Arellano e Gabriel Roma acadaron o
bronce nas súas respectivas categorías, Infantil e Benxamín. MAIS INFORMACIÓN EN www.ajedrezmarcote.org Xadrez
Ourense arrasa no VIII Aberto de Sta. Rita en Vilagarcía. 15-5-10 17 xóvenes xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras
pontevedresas para disputar a presente edición do xa clásico Aberto de Sta.
Rita. David Gómez foi ouro en sub16, Martín Arellano e David
Vázquez ouro e bronce respectivamente en sub14, Adrián Gómez ouro
en sub12, Gabriel Roma ouro en sub-10. Tamén hai que salientar a prata
de Miguel Puga (Casa da Xuventude) en s10 e o bronce de Martín
Gómez (Carmelitas Ourense) en sub8. Finalmente 4 ouros, 1 prata e 2
bronces para Ourense.
Liga
Galega de Clubs 2010 - Xadrez Ourense "B" acada a permanencia Tras o Playoff final disputado os días 24-4 e 15-5 o Xadrez
Ourense "B" superou ó clube Albatros da Guarda por un cómputo
total de 4,5 a 3,5 e conseguiu a permanencia na 1ª División Galega. Na
próxima tempada o Club Xadrez Ourense terá un equipo en Divisón de Honra, 1
equipo en 1ª División, 2 equipos en 2ª División e 1 equipo en 3ª División, un
balance final positivo para o que se presentaba inicialente como unha
dificilísima liga 2010.
XV
Olimpiada individual de Xadrez Escolar - Ourense 2010 O Domingo día 9 de Maio disputouse no Liceo de Ourense
a XV edición da Olimpiada escolar individual nas súas categorías sub-14,
sub-12, sub-10 e sub-8 que reuniu a un total de 105 xóvenes xadrecistas
ourensáns. Martín Arellano (Xadrez Ourense), proclamouse campión
infantil, Ángel Domínguez (Casa da Xuventude) impúxose en Alevíns, Gabriel
Roma (Xadrez Ourense) foi o vencedor en Benxamíns e Martín Gómez
(Club Xadrez Carmelitas) foi o campión Sub-8.
Destacada actuación dos
xadrecistas ourensáns no Torneo da Guarda O Sábado día 8 de Maio tivo lugar a décima edición do
Torneo Concello da Guarda na que participaron varios xadrecistas ourensáns
entre os 123 participantes totais. Hai que salientar o triunfo en
categoría Sub-16 de David Gómez (Xadrez Ourense), así como a victoria
de Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Sub-14. Dentro da categoría
sub-10 destacou o subcampionato de David Rodríguez (Xadrez Loureiro) e
o terceiro posto de Gabriel Roma (Xadrez Ourense).
O
Xoves día 29 tivo lugar a fase final provincial escolar por equipos 2010 O Xoves 29-4 disputouse na Residencia de Estudantes Florentino
López Cuevillas a fase final provincial escolar por equipos. Xadrez
Ourense Infantil representará a Ourense no vindeiro Cto. de Galicia, mentres que Maristas Alevín e Xadrez
Loureiro Alevín Femino venceron nas súas respectivas categorías. Casa
da Xuventude foi o vencedor na categoría Benxamín. Entrevista ao G.M. Iván Salgado en ESRADIO . Click aquí Disputada a 1ª fase da competición escolar por equipos Alevín e Benxamín O Domingo día 25 de Abril tivo lugar no Liceo de Ourense a 1ª fase da competición deportiva en idade escolar por equipos. Casa da Xuventde e Carmelitas clasifícanse para a fase final provincial en categoría Benxamín, mentres que Maristas Alevín Alfa, Xadrez Ourense Alevín, Carmelitas Alevín e Xadrez Loureiro Feminino pasan tamén á fase final en categoría Alevín. A final provincial terá lugar o vindeiro Xoves día 29 de Abril a partires das 17:30 horas nos locais da Xunta situados na céntrica praza das Mercedes.
Gabriel Roma, David Gómez, Andrea Sabuz y Fernando Sánchez ¡Campeones! El Club Xadrez Ourense consigue unos resultados históricos en los Ctos. Gallegos Individuales 2010. Gabriel Roma se proclama vencedor sub-10 con 8 puntos en 8 partidas, por su parte el jugador de Casa.da Xuventude Miguel Puga finalizó subcampeón Gallego con 7 de 8, Mientras que Xiana García (Xadrez Loureiro) consigió tambien la plata en la categoría femenina. En Sub-12 Adrián Gómez consigue el Bronce mientras que Jacobo Freire finaliza en un excelente 4º lugar, Andrea Sabuz (Carmelitas Ourense) se proclama campeona gallega. En Sub-16 David Gómez repite entorchado autonómico mientras que Martín Arellano consigue el 4º lugar, Sergio y Samuel finalizan tambien en los 10 primeros. En categoría Senior Fernando Sánchez puso la guinda a un año histórico consiguiendo el primer título gallego en categoría absoluta para un club de Ourense. No hay que olvidarse del título en veteranos del Liceista Joaqúin Bello. Xadrez Ourense vuelve a ser el Club de Galicia que más jugadores aporta a los Ctos. de Galicia individuales, este año con un total de 40 participantes. El Balance final de los jóvenes de nuestras escuela deportiva en este año 2010 es de 4 Oros, 2 platas, un bronce y 2 cuartos puestos. Tras esta edición del Autonómico son ya 9 los jugadores de nuestra escuela deportiva que forman parte de los proyectos de tecnificación de la fegaxa. GALERÍA DE IMÁGENES CON SHÍROV GALERÍA DE IMÁGENES DEL TORNEO
Gabriel Roma, David Gómez, Andrea Sabuz y Fernando Sánchez ¡Campeones!
Gran participación ourensana en el Cto. de Galicia Individual, Padrón-10 El Sábado 27 de Marzo dará comienzo el Cto. de Galicia individual en categorías Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 y Sub-8. Más de 50 participantes ourensanos tomarán parte en esta importante prueba. El Club Xadrez Ourense, un año más, será el Club de Galicia que más ajedrecistas aporta a dicho evento con un total de 29, que unidos a los 11 que viajaron a Pontedeume en Febrero nos hace totalizar 40 participaciones en Ctos. de Galicia individuales 2010, lo que nos convierte por 3º año consecutivo en el Club Gallego que más deportistas aporta a dichos Campeonatos. Ver listado de participantes de ClubXadrez Ourense
El G.M. Ourensano Iván Salgado 9º en el Europeo de Rijeka (Croacia) Fenomenal actuación de Iván Salgado en Rijeka (Croacia) tras conseguir el noveno puesto de la clasificación de este fortísimo evento finalizado el pasado 17 de Marzo. Iván finalizó empatado en el cuarto puesto con 8 puntos de las 11 partidas disputadas tras derrotar en la última ronda al G.M. polaco Bartlomej Macieja con piezas negras.Iván sube 13,7 puntos de ránking y se clasifica para la fase final del Campeonato Mundial Sénior.
|
-
ENLACES www.escaques64.blogspot.com
|